Súmamonos a outras entidades do sector do #SoftwareLibre para expresar a nosa preocupación ante a decisión da Xunta e Amtega de implantar software privativo no ensino e o dispendio económico de 13,5 millóns € en licenzas de código pechado. Manifesto: https://t.co/C75wx361Y4
-
A Xunta fomenta o software privativo no ensino
A Asociación Xeopesca realizou unha solicitude de información, demandando coñecer o contido exacto do convenio subscrito entre AMTEGA, Consellería de Educación e Microsoft. Xeopesca pide que o Goberno galego informe sobre o impacto que este acordo terá no sistema educativo galego e o cumprimento que a plataforma Office 365 de Microsoft fai dos estándares abertos e da necesaria protección de datos, máis aínda ten en conta que será usado por menores de idade.
Continue reading -
Podcast Tecnolareira
TecnoLareira é un podcast realizado pola Asociación Xeopesca para a difusión da tecnoloxía e a cultura libre. Esta iniciativa ten como obxectivo facer accesible a calquera público as novidades sobre as novas tecnoloxías e os seus usos. O nome do programa indúcenos a esas conversas sosegadas que se producen ao redor da lareira dun ambiente cordial e familiar.
Nesta primeira entrega publicamos dous programas sobre as criptomoedas, bitcoin e o blockchain. Na primeira sesión mantemos unha conversa introdutoria sobre estes termos entre Javier Alonso, Fran Martínez Hidalgo e Pablo Belay. Posteriormente na segunda sesión contamos cunha sesión maxistral de Roberto Brenlla. Continue reading
-
Asamblea Xeral Ordinaria
Estimad@ soci@s, A Asociación XeoPesca convoca a tódolos seus soci@s para a celebración da próxima Asamblea Xeral Ordinaria.
- Dia: 3 de Febreiro de 2018
- Hora: 10:00 – primeira convocatoria . 10:15 – segunda convocatoria.
- Lugar: No Centro de Don Bosco (Santiago de Compostela).
-
Presentación de Palleira.gal
O sábado ás 12:30 tivo lugar na Escola do Campo de Combarro o acto de lanzamento do sitio web PALLEIRA.GAL, un proxecto da asociación XEOPESCA que contou co apoio da Xunta de Galicia no marco do Plan de acción do software libre 2017 da Axencia Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Á presentación asistiron unhas trinta persoas
Interviñeron na presentación Xosé Rial en representación de Xeopesca, Alberto Permuy en representación da asociación O Zulo de Mugardos, Xulio Barreiro, concelleiro de Patrimonio de Poio, e Eladio Otero, xefe de innovación tecnolóxica da Amtega. Continue reading
-
Resolución do Concurso de Fotografía Libre 2017
O pasado 8 de outubro de 2017 reuniuse o xurado do certame formado por polas fotógrafas Lorena Couto Rey e Rocío Brage. Lorena realizou os seus estudos de fotografía na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela e acadou o segundo premio de fotografía no Xuventude Crea 2014. Rocio e técnica superior en fotografía e posúe un Máster de fotografía na escola EFTI de Madrid, ademais é docente de numerosos cursos de fotografía na Universidade da Coruña. A representación no xurado por parte da Asociación Xeopesca foi realizada polo Presidente e Secretario.
-
Novas Resumo fotográfico do Obradoiro de Arduino
Este sábado realizamos un obradoiro de iniciación a Arduino, onde os asistentes achegaronse a como empregar o arduino realizando operacións de entrada e saida.
-
Biblioteca de Hardware Libre
O próximo sábado 14 de Outubro no Centro Sociocultural de Caramoniña xuntaremonos para compartir experiencias co hardware libre e axudarche a que inicies proxectos con esta tecnoloxía. Para elo durante as 10:00 e 13:30 teremos un servizo de préstamo de Arduinos e Raspberrys co obxectivo de que afondes na súa aprendizaxe e poidas coolaborar coa comunidade. Continue reading
-
Obradoiro de iniciación a arduino
O sábado 30 de Setembro ás 10:30 no Centro Sociocultural de Caramoniña (Santiago de Compostela), realizaremos un obradoiro de Iniciación a Arduino. Co seguinte temario:
- Estructuras e operadores en Arduino.
- E/S dixital.
- E/S analóxica.
- Exercicios prácticos.
Para participar na actividade é preciso inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas e hai que ser maior de idade.
Recordade traer no portatil instalado o IDE de Arduino (descarga).
-
Resumo do obradoiro de Gimp
O pasado 2 de setembro realizamos un obradoiro de iniciación a GIMP, un programa de edición de imáxenes dixitais liberado cunha licencia libre. Nesta ocasión o relator foi David Belay que nos amosou as principais ferramentas deste aplicativo e como poderlle sacar o maior proveito para as nosas fotografías luzan moito mellor.
Neste obradoiro fíxose uso dunha guía rápida creada polo docente da xornada e que liberou para o uso da comunidade baixo os termos da “GNU Free Documentation License“. Podedes descargar esta guía no seguinte ligazón (guia_gimp_david_belay ).