Campaña FSF 2017 «Diñeiro público - Código público»
A nosa asociación sumouse á campaña promovida pola FSF co gallo do Día da Liberdade do Software nomeada PUBLIC MONEY — PUBLIC CODE, asumindo a súa carta aberta e figurando na súa páxina como «Supporting Organisation».
O noso compañeiro Odo (Andres Bott) replicou as viñetas de difusión da campaña ao galego e ao castelán. Estas «viñetas» podedes descargalas do Github de GALPon xunto coas fontes, etc., obviamente son libres (GPL).