Xa podedes matricularos no Congreso 10º aniversario de Climántica – Curso inicial da alianza estratéxica EduCO2cean-Erasmus+ que se celebrará na Facultade de CC. da Educación da USC en Santiago os días 10 e 11 de marzo seguindo este programa
Aactividade está recoñecida con 8 horas de formación a USC. A Universidade tamén tramitou coa Consellería de Educación a homologación como actividade de formación permanente do profesorado non universitario.
Esta iniciativa vai a constituír tamén o Primeiro curso de formación do profesorado da Alianza estratéxica para a innovación e cooperación en boas prácticas educativas EduCO2cean, aprobada e financiada na convocatoria de 2016 do programa Erasmus. A súa finalidade é actualizar, reflectir e propor actuacións orientadas a dar respostas educativas que afronten o cambio climático, tendo como soporte os coñecementos, metodoloxías e iniciativas que se teñen promovido nos dez de desenvolvemento do Proxecto Climántica. Para conseguilo incorpora como poñentes aos científicos a autoridades académicas con achegas máis relevantes nos diferentes ámbitos de coñecemento implicados nos primeiros 10 anos de existencia do proxecto, e cos que se conta para o inicio desta nova alianza estratéxica europea. Tamén persegue poñer en marcha unha liña de reflexión sobre as posibilidades de colaboración entre docentes e centros educativos que se poden abrir dende a alianza estratéxica EduCO2cean – Erasmus+
Para poder obter a homologación da Consellería, os docentes dos centros de ensino sostidos con fondos públicos temos que inscribirnos a través do apartado específico no portal do Congreso.
Para máis información sobre o congreso: http://educo2cean.climantica.org/