O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Consulte aquí a lista do Patrimonio da Humanidade en Portugal, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Portugal ratificou o convenio o 30 de setembro de 1980. En 2023, había 17 sitios Patrimonio da Humanidade en Portugal, con outros 18 na lista provisional. Os catro primeiros sitios catalogados en Portugal foron o Mosteiro dos Jerónimos e a Torre de Belém en Lisboa, o Mosteiro de Batalha, o Convento de Cristo en Tomar e a cidade de Angra do Heroísmo, en 1983. As incorporacións máis recentes á lista foron o Santuario do Bom Jesus do Monte en Braga e o Palacio Nacional de Mafra co seu parque de caza en 2019. Un dos sitios, a Laurisilva, atópase na illa de Madeira e é o único sitio natural de Portugal, sendo os outros culturais. Dous sitios están situados no arquipélago dos Azores. Os sitios de arte rupestre prehistórica do val do Côa e de Siega Verde son compartidos con España, polo que é o único sitio transnacional de Portugal
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 147 683 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 245 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.