Nada en San Petersburgo no seo dunha familia nobre empobrecida, a súa nai era institutriz e o seu pai, oficial do Exército con inclinacións políticas radicais. Malia a penuria económica que sufriu a familia ao falecer o seu pai en 1883, logrou completar a súa educación nun prestixioso ximnasio feminino da capital rusa. Permaneceu como profesora nesta institución ata 1891. Convertida ao marxismo a comezos da década, ingresou no Grupo para a Loita pola Emancipación da Clase Obreira, onde coñeceu a Lenin en 1894. Detida en agosto de 1896 como outros membros deste, en 1897 aceptou cumprir a súa condena de exilio interior xunto a Lenin en Siberia, para o que tivo que casar con el por imposición das autoridades rusas. En abril de 1898, partiu a Siberia, onde se converteu en esposa e colaboradora de Lenin.
Trala Revolución de Outubro, obtivo importantes cargos no Ministerio de Educación, presidido por Anatoli Lunacharski. A partir de maio de 1922, con Lenin doente, reduciu o seu traballo no ministerio para atendelo. Parte da oposición política a Stalin a mediados da década, finalmente uniuse a el na campaña contra a oposición interna do partido. Mantívose como vicecomisaria de Educación entre 1919 e 1939 e como membro do comité central do partido entre 1927 e 1939, ano no que faleceu.
José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic) ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva. Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo. Foi nomeado académico da Real Academia Provincial Coruñesa de Belas Artes (1905), da Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid (1922) e numerario da Real Academia Galega (1941), na que permaneceu ata a súa morte en 1947. Tamén participou en institucións galeguistas como as Irmandades da Fala, nas que ingresou no seu inicio en 1916. Baldomir colaborou tamén na recompilación dos Cantos y Bailes Populares de España e de El Cancionero Musical Popular Español de José Inzenga e Felip Pedrell, respectivamente. Interveu en varios tribunais de oposicións e presidiu o xurado de certames musicais para orfeóns, bandas e coros galegos. Foi director das orquestras do Liceo Brigantino, da orquestra da sociedade Bretón de los Herreros e dos coros e orquestra das Fillas de María. En 1906 foi invitado a dar un recital no Ateneo de Madrid e tamén realizou unha xira por España, Francia e Portugal.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 146 777 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 266 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.