Abruzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abruzzo
Bandeira dos Abruzos
Bandeira dos Abruzos
Escudo dos Abruzos
Escudo dos Abruzos
BandeiraEscudo
EstadoItalia Italia
CapitalL'Aquila
 • Poboación72 946 (2008)
Lingua oficialItaliana e francés
Forma de gobernoRexión
Presidente
Gianni Chiodi (PdL)
Fundado en1963
SuperficiePosto 13º
 • Total10 794 km²
PoboaciónPosto 14º
 • Total1 333 253 hab.
 • Densidade124,4 hab./km²
XentilicioAbrucés, abrucesa[1]
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.it
Código ISOIT-65

Os Abruzos[1][2][3] (en italiano L'Abruzzo ou gli Abruzzi) é unha rexión italiana de 1,3 millóns de habitantes, con capital en L'Aquila. Limita ao norte coas Marcas, ao oeste co Lacio, ao sur con Molise e ao leste co mar Adriático. Ocupa unha superficie de 10 798 km2, e está dividido en catro provincias: L'Aquila, Pescara, Chieti e Teramo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Rexión prevalentemente montañosa, está constituída no 65% por montañas e no restante 35% por outeiros. A chaira ocupa unha estreita faixa costeira que bordea o litoral. A rexión presenta os cumios máis altos dos Apeninos, con Gran Sasso d'Italia de 2 914 m e o macizo da Majella de 2 791 m. Os ríos principais son o Aterno-Pescara, o Sangro, o Tronto, o Trigno, o Tordino, o Vomano e a parte alta do Liri que desauga no mar Tirreno.

Poboación[editar | editar a fonte]

Mapa das provincias do Abruzzo
Fronte marítima de Pescara (Os Abruzos)

Os principais núcleos de poboación desta rexión son:

Cidade Poboación
(hab)
Provincia
Superficie
(km²)
Pescara 122 457 Pescara 33,6 km²
L'Aquila 71 989 L'Aquila 466,87 km²
Chieti 55 751 Chieti 58 km²
Téramo 54 847 Téramo 151 km²
Montesilvano 44 687 Pescara 23 km²
Avezzano 40 110 L'Aquila 104,05 km²
Vasto 37 657 Chieti 70 km²
Lanciano 36 306 Chieti 66 km²
Sulmona 25 307 L'Aquila 58,33 km²
Roseto degli Abruzzi 23 831 Téramo 52 km²

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abrucés.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1444. ISBN 9788482893419. 
  3. «Abruzos, Os». Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 31.