Portada

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura
Ir por lan.... — Bernardo Rodríguez Ribeira. 1904.

HOUBO n-a miña parroquia un cura de eses que toman á peito que os demáis non fagan o que eles fan, ou que non vexan as cousas como eles as ven. Pol-o demáis, era un santo varón, e tan pouco dado ó mundo que, según contan, ainda a terra non se atreven co seu corpo. Padricaba co a palabra, e daba enxempro c-os feitos. N-a sua casa había letreiros por todas partes pra que os seus freigueses mais parvos non se trabucasen n-o camiño do ceo. N-o soborlume da porta da escaleira estaba o pirmeiro, que dicía: Specta paulisper (espera un pouco). Alí, antes de pasar adiante, facían a siñal da crus cantas sacometeiras iban á ver ó siñor abade. N-o comedor fixera pintar dous: un frente á cabeceira da mesa onde él se sentaba pra comer, que encargaba pouco barullo cando se facía ben pol-o corpo: Dum manducas, siles (mentres comes, calas); o outro quedaba mesmo por detrás d-él cando se puña á mesa, como feito adrede solasmente pr-ós d-afora. Este era un aviso macuco: Fratres, sobrii estote et vigilate (hirmaos, comede pouco e dormide menos). Non lle importaba ó cura que os seus convidados larpeasen canto lles pidise o estámago e ainda mais, pero doíalle a concencia se por ser tan farto n-a sua casa algún gulusmeiro se condanaba. E esto fixoo cavilar tanto que, aconsellándose co a familia, detrimiñou non Ile dar mais de comer ós cregos anque os vise langrear de fame. E, meu dito meu feito, o día de San Antón despachounos á todos con soilo os cartos da misa. encargándolles que pr-ó domingo viñesen o mais cedo que poidesen, porque a misa sería as once.

   Cando os cregos viron que os despachaba co a barriga baldeira, foron saíndo da sancristía trinando contra él. N-o adra esperaron uns ós outros, e fixeron o manipodio de non vir ningún o domingo, deixando así sin función á parroquia e á Virxen da Conceución por culpa do seu cura, que líes negaba hastra unha cunca de caldo pra poder chegar con folgo as suas casas.

   Veo o domingo, pero os cregos... ¡Vaiche boa! ¡quen-os vira! Sorte que o da misa e outro compañeiro non estaban n-o contumelio, e non faltaron, xuntándose así tres. Pero ¿quén cantaba no sobrado? O cura, apelando ás do saco, mandou á buscar un de eses renegados que volven de Buenos Aires pra que o sacase d-aquel apuro. Foy lixeiro o americano, e collendo o misal debaixo do brazo, alá se vay moy foncho á lucir a sua palleta.

Sobre Galicia

Outros textos

Índices

Autores:
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z

Obras:
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z

Séculos:
s. XII   s. XIII   s. XIV   s. XV   s. XVI   s. XVII   s. XVIII   s. XIX   s. XX   s. XXI

Participación

Podes consultar a Axuda para obter máis información de como participar, na que atoparás información de como comezar a colaborar. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 3 355 contas de usuario rexistradas en Wikisource, e entre elas 5 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan en Wikisource son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos e espazos de conversa.
Afonso II · Agostiño de Hipona · Francisco Añón · Xela Arias · Aristóteles · Emiliano Balás Silva · Pedro Boado Sánchez · Alfredo Brañas · Xosé Manuel Cabada · Amado Carballo · Martín Codax · Conan Doyle · Martín Balza · Baudelaire · Roberto Blanco Torres · Bernal de Bonaval · Bécquer · Beethoven · Edward Bellamy · Carré Aldao · Castelao · Rosalía · Diego Antonio Cernadas · José Cornide · Curros Enríquez · Alphonse Daudet · Patricio Delgado Luaces · Camilo Díaz Baliño · Anselmo Feijoo Montenegro · Xosé Fernández Neira · Engels · Johan de Cangas · Alain-Fournier · Piotr Kropotkin · Xoán Xesús González · Urbano González · Pessoa · Lago González · Valentín Lamas Carvajal · Manuel Leiras Pulpeiro · Xosé Lesta Meis · Lorca · Enrique Labarta · Antonio López Ferreiro · Losada Diéguez · Machado de Assis · Manuel Antonio · Marx · Ángeles Maestro · Vladimir Maiakovski · Mendinho · Nietzsche · José Noguerol y Camba · Airas Nunes · Luís Otero Pimentel · José Pardiñas y Villalobos · Poe · Valentín Paz-Andrade · Xosé Pérez Ballesteros · Heraclio Pérez Placer · Pero da Ponte · Xoán Manuel Pintos · Pondal · José María Posada · Eugène Pottier · Bernardo Rodríguez · Ruiz Aguilera · Sá de Miranda · Sarmiento · Johan Servando · Walter Scott · Joseph Smith · Bram Stoker · Sun Tzu · Marcial Valladares · Valle-Inclán · Antón Villar Ponte · Vicente Viqueira · El Viejo Pancho · William Butler Yeats
Wikipedia
Wikipedia

Galipedia
Enciclopedia

Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento