Artigo destacado
|
Daniel Lambert, nado en Leicester o 13 de marzo de 1770 e finado en Stamford, Lincolnshire, o 21 de xuño de 1809, foi un carcereiro e criador de animais inglés, famoso polo seu gran tamaño corporal pouco habitual. Tras traballar durante catro anos como aprendiz nun taller de gravado e fundición de Birmingham, volveu a Leicester no ano 1788 e sucedeu o seu pai como alguacil da prisión de Leicester. Estaba considerado unha persoa deportista e moi forte, ademais dun experto en animais de carreiras e galos de pelexa.
Tras volver a Leicester o seu peso corporal comezou a aumentar progresivamente, malia manterse activo e, segundo as súas propias declaracións, absténdose de beber alcol e sen comer cantidades excesivas de comida. No ano 1805 a prisión na que traballaba pechou. Naquel entón pesaba uns 320 kg, converténdose na persoa de maior peso corporal rexistrada ata aquel momento. Sen emprego e por mor do seu gran tamaño, Lambert recluíuse no seu fogar.
No ano 1806 a pobreza obrigouno a exhibirse ó público para conseguir ingresos. En abril de 1806 trasladouse a Londres, cobrando ós espectadores unha tarifa para entrar no seu apartamento e coñecelo. Os visitantes quedaban impresionados pola súa intelixencia e personalidade, e visitalo tornouse nunha actividade de moda na cidade. Tras varios meses de exhibición pública, Lambert cansou desta situación e en setembro de 1806 volveu, considerablemente máis rico, a Leicester, onde pasou a criar cans de carreiras e a asistir a eventos deportivos de forma regular. Entre os anos 1806 e 1809 fixo unha serie de xiras curtas para exhibirse de novo e recadar máis fondos.
Faleceu subitamente o 21 de xuño de 1809 en Stamford, Lincolnshire. No momento da súa morte pesaba uns 335 kg, e o seu cadaleito precisou uns 10,4 m² de madeira. Malia que o seu ataúde levaba unhas rodas e que o camiño ó lugar do enterro estaba preparado en pendente para facilitar o seu transporte, precisáronse 20 homes que tardaron unha media hora en levar o ataúde ata o lugar, nun novo cemiterio na parte posterior de St Martin's Church. Malia que outras persoas superaron posteriormente o rexistro de Lambert como a persoa de maior peso corporal da historia, en Leicester segue sendo unha personaxe recordada na cultura popular, e no ano 2009 o xornal Leicester Mercury describiuno como "unha das iconas máis apreciadas da cidade".
|
Sobre Galicia
|
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2 041 603 o número de galegos emigrados a América entre o 1836 e 1960, o 38,5 % do total de migrantes españois (5 311 906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
|
Tal día coma hoxe no ano...
|
- 1706, morre Pedro II de Bragança, rei de Portugal, alcumado O Pacífico.
- 1925, morre Pablo Iglesias (na imaxe), fundador do PSOE e da UGT (n. en Ferrol en 1850).
- 1931, apróbase nas Cortes a Constitución da Segunda República Española.
- 1936, son fusilados na Coruña os mártires de Brens.
- 1985, na Arxentina dítase sentenza condenatoria no Xuízo ás Xuntas Militares.
- 1989, morre Dolores Ibárruri "A Pasionaria", dirixente do PCE, nada en 1895.
Hoxe é o Día da Independencia en Tanzania (1961).
|
|
|
Imaxe do día
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 140 832 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 261 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|