Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

Hannah Arendt, nada Johanna Arendt en Linden-Limmer, un distrito de Hannover, en 1906 e finada en Nova York en 1975, foi unha filósofa, socióloga e teórica política alemá, despois nacionalizada norteamericana, de orixe xudía e unha das personalidades máis influentes do século XX. A privación de dereitos e persecución que os xudeus sufriron en Alemaña a partir de 1933, así como o seu breve encarceramento ese mesmo ano, contribuíron a que decidise emigrar. O réxime nacionalsocialista retiroulle a nacionalidade en 1937, polo que foi apátrida, ata que conseguiu a nacionalidade estadounidense en 1951. Traballou, entre outras cousas, como xornalista e mestra de escola superior. Publicou obras importantes sobre filosofía política. Arendt defendía un concepto de «pluralismo» no ámbito político: grazas a el, xeraríase o potencial dunha liberdade e igualdade políticas entre as persoas. Importante é a perspectiva da inclusión do outro: en acordos políticos, convenios e leis deben traballar a niveis prácticos persoas adecuadas e dispostas. Como froito destes pensamentos, Arendt situábase de forma crítica fronte á democracia representativa e prefería un sistema de consellos ou formas de democracia directa. Con todo, continúa sendo estudada como filósofa, en gran parte debido ás súas análises críticas de filósofos como Sócrates, Platón, Aristóteles, Immanuel Kant, Martin Heidegger e Karl Jaspers, ademais de representantes importantes da filosofía política moderna como Maquiavelo e Montesquieu. Precisamente, grazas ao seu pensamento independente, á súa teoría do totalitarismo, aos seus traballos sobre filosofía existencial e á súa reivindicación da discusión política libre, Arendt ten un papel central nos debates contemporáneos.

Sobre Galicia

Arsenio Iglesias Pardo, tamén coñecido como o Bruxo de Arteixo ou o Raposo de Arteixo, ou simplemente Arsenio, nado na Baiuca (Arteixo) o 24 de decembro de 1930 e finado na Coruña o 5 de maio de 2023, foi un futbolista e adestrador galego que estivo unido durante boa parte da súa carreira ao Deportivo da Coruña, onde acadou importantes éxitos, converténdose nunha das figuras máis destacadas da historia do club. Como futbolista xogaba de dianteiro, e tras pasar polo Bergantiños, o Fabril e o Xuvenil, debutou en Primeira División co Deportivo na tempada 1951/52. Xogou seis anos co club, disputando 146 partidos e marcando 33 goles. Na tempada 1957/58 xogou no Sevilla, co que debutou na Copa de Europa, e a continuación recalou no Granada, onde militou durante seis tempadas, tres delas na máxima categoría. Na primeira delas anotou nove goles na Copa do Xeneralísimo, axudando ao seu equipo a acadar unha histórica final contra o FC Barcelona, na que Arsenio fixo o único gol granadino. Na segunda metade da tempada 1963/64 fichou polo Oviedo, contribuíndo á súa salvación con dous goles na promoción de permanencia, e despois de xogar outro ano no club asturiano pechou a súa carreira no Albacete. Comezou a súa traxectoria como adestrador en 1967 no Fabril, ao que dirixiu ata 1971 cando se sentou por primeira vez no banco do Deportivo. Conseguiu o ascenso a Primeira esa mesma tempada e permaneceu dúas máis como adestrador do club na máxima categoría. Entre 1973 e 1977 adestrou o Hércules, sendo artífice da época dourada do club alacantino. No seu primeiro ano logrou o ascenso dende Segunda división, e nos dous seguintes acadou a quinta e a sexta posición da Primeira división. Na tempada 1977/78 foi campión de Segunda co Zaragoza, e a continuación pasou polo Burgos, o Elche e o Almería, antes de regresar en 1982 ao Deportivo. Deixou o equipo en 1985 e despois dun breve paso polo Compostela volveu ao Depor en 1988. En 1991 devolveu o Deportivo á Primeira división case dúas décadas despois e acto seguido deixou o fútbol. Con todo, o equipo recorreu a el ao ano seguinte, tras a destitución de Boronat, para salvar a difícil situación. Logrou a permanencia e ficou tres anos máis como adestrador branquiazul, dando inicio á era do chamado Súper Dépor. Obtivo un terceiro posto na liga e dous subcampionatos. Na súa última tempada conquistou a Copa do Rei, o primeiro título oficial da historia do Depor. O seu último club foi o Real Madrid, ao que chegou mediada a tempada 1995/96. En 2005 foi designado xunto a Fernando Vázquez, adestrador da selección galega, combinado que recuperaba a súa actividade despois de décadas de ausencia. Ambos os técnicos dirixiron o equipo galego nos catro encontros que este disputou ata 2008. A importancia de Arsenio no fútbol coruñés e no deporte galego en xeral, valéronlle numerosas homenaxes e recoñecementos, entre elas un monumento situado nas inmediacións do estadio de Riazor ou a Medalla Castelao que lle foi concedida no 2012.

Tal día coma hoxe no ano...

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 138 942 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 249 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento