Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

Gottfried Lindauer - Tamati Waka Nene - Google Art Project.jpg

Tā moko é un debuxo permanente no corpo e na face dos maorís, o pobo indíxena de Nova Zelandia. É diferente da tatuaxe tradicional, xa que se corta a pel cun uhi (cicel) no canto de perforarse. Isto deixa a pel cunha fenda en lugar dunha superficie lisa.

O capitán James Cook escribiu en 1769:

As marcas son en xeral espirais debuxadas con gran sutileza e mesmo elegancia. Un lado correspóndese co outro. As marcas no corpo semellan follaxe que forma ornamentos, xiros de filigranas traballadas, pero nelas hai tal diversidade de formas que, aínda que ao comezo parecía que había unhas exactamente iguais, o certo é que non hai dúas iguais despois de facer un exame minucioso.

Os tohunga-tā-moko (ou tatuadores) considéranse tapu ou, excepcionalmente, inviolábeis e sagrados.

A utilización tradicional destas marcas tiña un significado, por exemplo: a folla do fento de dobre cara adoita indicar que quen leva a marca é un guerreiro.


Sobre Galicia

A lista das aves de Galicia presenta as aves silvestres atopadas en Galicia ordenadas alfabeticamente. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo. Indícase a súa presenza (nativa, invernante, accidental...). Tamén se di se é común ou pouco común, xa que unha especie nativa ou moi estendida polo territorio pode non ser moi abondosa. Igualmente se indica o seu status en Galicia (que non ten por que coincidir co seu status mundial), para o cal se utilizaron as equivalencias co sistema da IUCN.

Tal día coma hoxe no ano...

Illas Cíes

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 136 156 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 298 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento