Goa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goa
गोवा
Sé de Santa Catarina.jpg
Catedral de Santa Catarina na Vella Goa, un exemplo da influencia portuguesa
Localización
Goa en India
Goa
Goa
Localización de Goa na India
PaísIndia India
Entidadeestado
CapitalPangim
Cidade principalVasco da Gama
Xeografía
Altitude0-125 m msnm
Superficie3.702 km2 km²
Demografía
Poboación1 400 000
Densidade378,17/km2
Outros datos
https://www.goa.gov.in/
Subdivisións do estado de Goa.

Goa (en konkani: गोंय) é un estado da India, situado na súa costa occidental. É un dos máis pequenos estados en territorio e poboación, e máis rico en PIB por persoa da India. A capital é Pangim e Vasco da Gama é a cidade máis grande.

Goa a partir de 1510, foi a capital do Estado Portugués da India, incorporándose á Unión India en 1961.

Historia[editar | editar a fonte]

Old Goa, Ruins of Church of St. Augustine.jpg

Despois do imperio Maurya (321-185 a.C.) Goa foi disputada por varios imperios en batallas sanguentas. Por volta do século X Goa, entón concentrada en torno do río Zuari, prosperou polo comercio cos árabes. En 1347 caeu baixo dominio islámico, e moitos templos a deuses hindús foron destruídos.

En 1510 Afonso de Albuquerque, axudado por un xefe hindú, tomou Goa aos árabes, que se renderon sen combate, por se atopar o sultán en guerra co Decán. Goa foi cobizada por ser o mellor porto comercial da rexión. Botáronse aos musulmáns da rexión, e en 1453 un quinto da rexión estaba baixo dominio portugués, recibindo o nome de Vellas Conquistas.

A decadencia do porto de Goa no século XVII foi consecuencia das derrotas militares dos portugueses polos neerlandeses, no oriente, que tornaron o Brasil o centro económico de Portugal.

Houbo dous curtos períodos de dominación británica (1797-1798 e 1802-1813) e poucas outras ameazas externas despois deste período. Durante o dominio británico na India, moitos habitantes de Goa emigraron para Mumbai, Calcuta, Puna, Karachi e outras cidades. O illamento de Goa diminuíu coas vías férreas a partir de 1881, mais a emigración en busca de mellores oportunidades económicas aumentou.

En 1900 Goa tivo o seu primeiro xornal bilingüe gujarati-portugués.

Os ingleses deixaron a India en 1947, os franceses deixaron Pondicherri en 1954, mais o goberno de Salazar negouse a negociar coa India. En 1961 o exército indiano invadiu Goa, atopando pouca resistencia.

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Daman e Diu desde o inicio, e moito máis tarde tamén Nagar-Aveli, estiveron ligados a Goa, baixo o nome de Estado da India Portuguesa, ligados non só pola administración, con centro en Goa, mais tamén por outros sentimentos, porén separados por cerca de 700 e 1500 km. Logo despois da integración na India aínda estiveron ligados a Goa, porén, cando esta deveu un Estado dentro da República da India, Daman e Diu pasaron a administrarse directamente polo Goberno Central da India, baixo o nome de Territorio da Unión de Daman e Diu (Union Territory Of Daman & Diu). Dadrá e Nagar-Aveli, integrados algúns anos antes na India (1954), forman un territorio á parte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]