.jp
.jp | |
---|---|
Tipo | dominio de nivel superior xeográfico |
Data de fundación | 1986 |
Nomeado en referencia a | Xapón |
País | Xapón |
Na rede | |
https://jprs.jp/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
.jp é o código de internet do dominio de nivel superior (ccTLD) do Xapón, administrado polo Servizo de Rexistro do Xapón.
Cando se estableceu o dominio .jp administrouno o JPNIC, como parte do seu papel como corpo técnico de supervisión para Internet no Xapón. Con todo, debido á importancia crecente e ó tamaño do rexistro do .jp, decidiuse na 11ª xuntanza xeral do JPNIC en decembro de 2000 crear unha nova corporación que administraría o dominio .jp. Así, creouse o SRZ que o 30 de xuño de 2003 asumiu oficialmente os deberes do rexistro do .jp. Os rexistros procésanse vía unha axencia de acreditación e os nomes do dominio cos caracteres xaponeses (kanji, hiragana ou katakana) pódense colocar no segundo nivel.