Artigo destacado
|
Cadea perpetua (en inglés: The Shawshank Redemption) é un filme estadounidense dirixido e escrito por Frank Darabont, estreado en 1994. É unha adaptación da novela de 1982 de Stephen King titulada Rita Hayworth and Shawshank Redemption. Narra a historia de Andy Dufresne (Tim Robbins), un banqueiro sentenciado a cadea perpetua na Penitenciaría Estatal de Shawshank polo asasinato da súa muller e do amante desta, malia declararse inocente do feito. Pasa 19 anos no cárcere, onde traba amizade con outro preso, o contrabandista Ellis Boyd "Red" Redding, e se converte nunha peza instrumental dunha operación de lavado de cartos liderada polo alcaide Samuel Norton (Bob Gunton), ó que deixa a descuberto perante as autoridades tras fuxir da prisión. William Sadler, Clancy Brown, Gil Bellows, e James Whitmore son outros dos actores principais do filme.
Darabont adquiriu os dereitos da historia de Stephen King en 1987, mais o desenvolvemento do filme non comezou ata cinco anos despois cando escribiu o guión do mesmo nun período de oito semanas. Dúas semanas despois de enviarlle o guión ó estudio de Castle Rock Entertainment, Darabont conseguiu un orzamento de 25 millóns de dólares para o filme, que comezou a súa preprodución en xaneiro de 1993. Malia que o filme está ambientado en Maine, a rodaxe principal tivo lugar entre xuño e agosto de 1993 case na súa totalidade en Mansfield, Ohio, utilizando o Reformatorio Estatal de Ohio como localización para o cárcere ficticio de Shawshank. Thomas Newman foi o encargado de compoñer a banda sonora do filme.
|
Sobre Galicia
|
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheria ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.
Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel detállanse costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita. O seu valor é filolóxico, sociolóxico e literario.
|
Tal día coma hoxe no ano...
|
- 1516, morre Juan de la Cosa, navegante e cartógrafo español.
- 1810, nace Nicolasa Añón, campesiña e poeta galega. (m. 1887)
- 1901, nace Linus Carl Pauling, químico, Premio Nobel de Química (1954) e da Paz (1962) (m. 1994).
- 1920, nace Pepita Embil, cantante de zarzuela e actriz española.
- 1935, Wallace Carothers e DuPont inventan o nailon (na imaxe), un material termoplástico pertencente a unha familia de polímeros sintéticos.
- 1941, morre Afonso XIII, rei de España. (n. 1886)
- 1981, morre en Vigo Álvaro Cunqueiro, escritor galego (n. 1911).
- 1986, asasinato de Olof Palme, primeiro ministro sueco (n. 1927).
|
|
|
Imaxe do día
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 133 285 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 259 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|