Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

TimRobbinsTIFFSept2012.jpg

Cadea perpetua (en inglés: The Shawshank Redemption) é un filme estadounidense dirixido e escrito por Frank Darabont, estreado en 1994. É unha adaptación da novela de 1982 de Stephen King titulada Rita Hayworth and Shawshank Redemption. Narra a historia de Andy Dufresne (Tim Robbins), un banqueiro sentenciado a cadea perpetua na Penitenciaría Estatal de Shawshank polo asasinato da súa muller e do amante desta, malia declararse inocente do feito. Pasa 19 anos no cárcere, onde traba amizade con outro preso, o contrabandista Ellis Boyd "Red" Redding, e se converte nunha peza instrumental dunha operación de lavado de cartos liderada polo alcaide Samuel Norton (Bob Gunton), ó que deixa a descuberto perante as autoridades tras fuxir da prisión. William Sadler, Clancy Brown, Gil Bellows, e James Whitmore son outros dos actores principais do filme.

Darabont adquiriu os dereitos da historia de Stephen King en 1987, mais o desenvolvemento do filme non comezou ata cinco anos despois cando escribiu o guión do mesmo nun período de oito semanas. Dúas semanas despois de enviarlle o guión ó estudio de Castle Rock Entertainment, Darabont conseguiu un orzamento de 25 millóns de dólares para o filme, que comezou a súa preprodución en xaneiro de 1993. Malia que o filme está ambientado en Maine, a rodaxe principal tivo lugar entre xuño e agosto de 1993 case na súa totalidade en Mansfield, Ohio, utilizando o Reformatorio Estatal de Ohio como localización para o cárcere ficticio de Shawshank. Thomas Newman foi o encargado de compoñer a banda sonora do filme.

Sobre Galicia

Galicia, un relato no mundo, 01-24b, Viaxe de Exeria.jpg

O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheria ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.

Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel detállanse costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita. O seu valor é filolóxico, sociolóxico e literario.

Tal día coma hoxe no ano...

Nylon6 and Nylon 66.png

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 133 285 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 259 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento