O estandarte do corvo (en nórdico antigo, hrafnsmerki; en anglosaxón, hravenlandeye) foi unha bandeira posibelmente de natureza totémica empregada por varios xefes tribais viquingos e outros rexentes escandinavos entre os séculos IX e XI. A bandeira é descrita na arte nórdica de forma aproximadamente triangular, co bordo externo redondeado, de onde colgan unha serie de lingüetas e borlas. Posúe certa similitude cos cataventos finamente tallados empregados nas proas dos drakkar.
Conxectúrase que o estandarte do corvo era un símbolo do deus da guerra Odín, quen ás veces era descrito en compaña de dous corvos chamados Hugin e Munin, e a súa intención ao portala en batalla puido ser provocar o temor dos inimigos invocando o poder do deus. Como sinala Hrafnhildur Bodvarsdottir con respecto aos encontros entre os anglosaxónscristiáns e os pagáns invasores escandinavos:
“
Os anglosaxóns probablemente pensaban que os estandartes estaban imbuídos con poderes malignos dos ídolos pagáns, xa que os anglosaxóns eran conscientes do significado de Óðinn e os seus corvos na mitoloxía nórdica.
A súa actividade non se limitou á cidade da Coruña, tendo ofrecido concertos noutras cidades galegas, e o seu éxito fixo que outras sociedades filharmónicas creasen as súas propias orquestras.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 132 474 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 268 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.