Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

Raven Banner.svg

O estandarte do corvo (en nórdico antigo, hrafnsmerki; en anglosaxón, hravenlandeye) foi unha bandeira posibelmente de natureza totémica empregada por varios xefes tribais viquingos e outros rexentes escandinavos entre os séculos IX e XI. A bandeira é descrita na arte nórdica de forma aproximadamente triangular, co bordo externo redondeado, de onde colgan unha serie de lingüetas e borlas. Posúe certa similitude cos cataventos finamente tallados empregados nas proas dos drakkar.

Conxectúrase que o estandarte do corvo era un símbolo do deus da guerra Odín, quen ás veces era descrito en compaña de dous corvos chamados Hugin e Munin, e a súa intención ao portala en batalla puido ser provocar o temor dos inimigos invocando o poder do deus. Como sinala Hrafnhildur Bodvarsdottir con respecto aos encontros entre os anglosaxóns cristiáns e os pagáns invasores escandinavos:

Os anglosaxóns probablemente pensaban que os estandartes estaban imbuídos con poderes malignos dos ídolos pagáns, xa que os anglosaxóns eran conscientes do significado de Óðinn e os seus corvos na mitoloxía nórdica.

— Hrafnhildur Bodvarsdottir

Sobre Galicia

Teatro Rosalía entrada 2.jpg

A Orquestra Filharmónica Coruñesa foi unha orquestra filharmónica da cidade da Coruña, vinculada á sociedade filharmónica da cidade herculina. Foi fundada en 1934 e desapareceu en 1947 logo de que o Concello da Coruña decidise crear a Banda-Orquestra Municipal. Ao longo da súa traxectoria estivo dirixida por Alberto Garaizábal Macazaga, acompañou a solistas notables e colaborou co conservatorio da cidade.

A súa actividade non se limitou á cidade da Coruña, tendo ofrecido concertos noutras cidades galegas, e o seu éxito fixo que outras sociedades filharmónicas creasen as súas propias orquestras.

Tal día coma hoxe no ano...

De Gaulle 1961 (cropped).jpg

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 132 292 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 270 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento