Suriname

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 4°N 56°O / 4, -56

República de Suriname
Republiek Suriname
Bandeira de Suriname
Escudo de Suriname
BandeiraEscudo
Suriname (orthographic projection).svg
Lema: Iustitia - Pietas - Fides
(Galego: «Xustiza - Piedade - Lealdade»)
Himno: God zij met ons Suriname
Capital
 Poboación
Paramaribo
222 843 (1996)
Cidade máis poboadaParamaribo
Linguas oficiaisHolandés
Forma de gobernoRepública
Dési Bouterse
Ashwin Adhin
Independencia dos Países Baixos25 de novembro de 1975
SuperficiePosto 90º
 • Total163 270 km² km²
 • % auga1,1%
Fronteiras1 707 km
Costas386 km
PoboaciónPosto 163º
 • Total (2015)553 208[1] hab.
 • Densidade3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 161º
 • Total (2005)$2 812 millóns US$
 • per cápita6 025 US$
MoedaDólar surinamés (SRD)
IDH (2017)0,720[2] (100º) – alto
Xentiliciosurinamés, -esa
Fuso horarioUTC-4
 • Horario de veránUTC-4
Dominio de Internet.sr
Prefixo telefónico+597
Prefixo radiofónicoPZA-PZZ
Código ISO740 SUR SR
Membro de: CSN, CARICOM, OEA, ONU

Suriname[3][4] (nome oficial: Republiek Suriname) é un país de América do Sur, limitado ao norte polo océano Atlántico, ao leste pola Güiana Francesa, ao sur polo Brasil e ao oeste por Güiana. Área: 163 265 km². Capital: Paramaribo. As cidades máis poboadas son Paramaribo, Nieuw Nickerie e Meerzorg. O seu clima é quente e húmido.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do Suriname.

Aínda que mercadores neerlandeses estableceran varias colonias na rexión da Güiana antes, os holandeses non tomaron posesión do que é hoxe o Suriname ata ao Tratado de Breda, que marcou o fin da segunda guerra anglo-holandesa.

Despois de se tornar nunha parte autónoma do Reino dos Países Baixos en 1954, o Suriname conseguiu a independencia en 1975. Un réxime militar dirixido por Desi Bouterse gobernou o país na década de 1980 ata que a democracia foi restablecida en 1988.

Política[editar | editar a fonte]

Suriname ten unha democracia baseada na constitución de 1987. O poder lexislativo do goberno é exercido pola Asemblea Nacional, constituída de 51 membros. Estes membros son electos cada cinco anos.

A Asemblea Nacional elixe ao presidente, cabeza do poder executivo, por maioría de 2/3. Se ningún candidato consegue tal maioría, o presidente é elixido pola Asemblea do Pobo, unha institución de 340 membros consistente da Asemblea Nacional e Representativos rexionais.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Suriname.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Suriname.

Suriname, o país máis pequeno de Suramérica, está situado sobre o escudo da Güiana, o punto máis alto é Julianatop (1.286 m sobre o nivel do mar). A terra pode ser artificialmente dividida en dúas partes. A norte, área costeira foi cultivada, e a maior parte da poboación vive alí. A parte sur consiste en selva húmida tropical escasamente habitada.

Xa que está próximo ao ecuador, o clima de Suriname é tropical, e as temperaturas non varían moito durante o ano. O ano ten dúas estacións chuviosas, de decembro a principios de febreiro e de fins de abril a mediados de agosto. No nordés do país atópase o W.J. van Blommesteinmeer, un lago declarado reserva.

Por ter fronteira coa Güiana Francesa, Suriname limita coa Unión Europea.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Suriname.

A súa economía baséase na exportación de aluminio e alumina, camarón, arroz, banana e petróleo. É moi dependente doutros países. Os seus principais socios de comercio son os Países Baixos, os Estados Unidos e países no Caribe.

Está baseada na produción de aluminio que representa aproximadamente o 15% do PIB e dous terzos das exportacións totais. Os problemas económicos do país son graves, debido á forte dependencia do comercio exterior en dous sectores que manteñen desde 2000 bruscos cambios de prezos no mercado internacional: xunto ao aluminio, o petróleo. Isto deriva en modificacións moi notables de PIB, taxa de desemprego, débeda externa e inflación dun ano a outro.

Os plans iniciados en 2001 para reordenar o sistema económico, abrir un proceso de liberalización e mellorar a estrutura produtiva tiveron efectos moi pobres. Algunhas empresas estadounidenses e españolas realizan novas prospeccións e explotacións petrolíferas que están dando bos resultados. Igualmente, o país dispón de importantes reservas mineiras de ouro e bauxita.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación entre 1961 e 2003.

A poboación de Suriname está conformada de moitos grupos. A maior deles son os "Hindustani", descendentes de inmigrantes do século XIX da India, cerca do 37% da poboación. Os "criolleros", mestura de branco e negro representan o 31%, mentres que os xavaneses ("importados" das ex Indias Orientais Holandesas como man de obra para as plantacións) e "Maroons" (descendentes de escravos escapados africanos) fan o 15 e 10 % respectivamente. O resto está formado por indios, chineses e brancos.

Debido ao gran número de grupos étnicos no país, non hai unha relixión maioritaria. O cristianismo (44%) (católicos 21,6% e protestantes 18%), o hinduísmo (26%) e o islam (18,6%) son as relixións predominantes.

O neerlandés é a lingua oficial de Suriname. Os surinameses tamén falan as súas propias linguas: sranan tongo (tamén coñecido como surinamés), xavanés e outras. Os caribes e arauacos nativos do lugar falan os seus propios idiomas, como tamén os maroons, aucan e saramacán. Ademais úsanse amplamente o español e o inglés, especialmente en tendas e establecementos orientados ao turismo.

A gran maioría da poboación reside en Paramaribo ou na costa. Hai unha significativa poboación surinamesa nos Países Baixos

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Suriname.

Debido á mestura de grupos de poboación, a cultura de Suriname é moi diversa. A cultura predominante é unha mestura de elementos neerlandeses, indonesios e indíxenas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 02 de novembro de 2017. 
  2. [1] Consultado o 7 de novembro de 2020 (pdf).
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para surinamés.
  4. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.