Interlingue ou occidental (chamado así entre 1922 e 1947) é unha lingua artificial creada por Edgar von Wahl, un dos primeiros esperantistas. Von Wahl naceu en Olviopol, hoxe Estonia e entón provincia do Imperio ruso, no seo dunha familia de lingua alemá. Foi un dos pioneiros do esperanto e Ludwik Zamenhof seguiu os seus consellos. Sen formación académica específica, tiña instinto lingüístico. Oficial da mariña de guerra, optou polo bando tsarista na Revolución de 1917. Tralo triunfo dos soviets, exiliouse en Francia, cambiando o seu apelido por De Wahl. Descontento co esperanto, decidiu crear o seu propio proxecto, ao que chamou occidental. Publicou en 1922 o seu proxecto de lingua. Formulou a regra de Wahl. Conseguiu reunir un pequeno grupo de seguidores, que seguiría editando a revista Cosmoglotta ata os anos 1950. En 1947 decidiron cambiar o nome polo de Interlingue (non interlingua, nome usado por Peano para o seu "Latino sine flexione", e tamén por Alexander Gode no proxecto de IALA de 1953). Con todo, a asociación non volveu dar sinais de vida ata a década de 1990, a través de Internet.
A primeira referencia explícita sobre o reino medieval de Galicia na historiografía prodúcese no século VI, cando o bispo Gregorio de Tours denomina Galliciensim regnum o estado creado polo pobo xermánico dos suevos na provincia romana da Gallaecia. Este reino galego altomedieval perdurou, con dimensións e significados cambiantes, desde a época sueva até o século XIX, momento no que, a través dunha reforma administrativa, a tradicional organización en reinos da monarquía hispana foi substituída por unha estrutura provincial centralizada.
Malia este dilatado lapso temporal e a existencia de abondosas alusións documentais, os historiadores españois da idade contemporánea substituíron as referencias ao reino galego da alta e plena Idade media polas denominacións de reino de Asturias e reino de León, sendo o territorio da Galicia actual presentado como un espazo subsidiario de escasa importancia. A contradición entre esta visión historiográfica e a realidade presentada polos documentos históricos foi denunciada por unha parte dos estudosos galegos e non deixou de ser recoñecida, dun ou outro xeito, polos propios historiadores que a propagaron.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 130 137 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 265 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.