Hoxe celebramos, como tódolos anos, o Día Mundial do Medio Ambiente 2015.
Este ano Italia é o país anfritión e, baixo o lema ““Sete mil millóns de soños. Un só planeta. Consume con moderación.”,no marco da Exposición Universal de Milán.
As palabras do presidente do PNUMA ilustran perfectamente o problema :
“Muitos dos ecosistemas da Terra están chegando a un punto límite de agotamento e cambio irreversible, empuxado polo crecimento da población e desenvolvemento económico. Para 2050, si continúan as actuais pautas de consumo, e con unha poboación mundial que medra e que se espera que alcance os 9,6 mil millóns, necesitariamos tres planetas para manter os nosos actuais modos de vida e consumo”.
Entre outras actividades,a ONU propón que cada ciudadano comunique unha acción persoal para cuidar o planeta, tal e como están facendo os membros do “Dream Team”, entre os que se atopan personalidades como Yayá Touré ou Leonardo Di Caprio.
Desde aquí animámosvos a celebrar este día compartindo os vosos soños e agradecemos que os difundades tanto nos blogs de aula como co resto da comunidade Climántica a través dos comentarios do Blog Guía.
Compartide!!
Pareceme que temos que cuidar mais o noso planeta