O guión foi redactado por George Lucas mentres dirixía a súa primeira longametraxe, influenciado principalmente polos cómics de Flash Gordon, as películas sobre samurais de Akira Kurosawa e a obra The Hero with a Thousand Faces de Joseph Campbell.
A trama describe a historia dun grupo de guerrilleiros —coñecidos como a Alianza Rebelde— que ten como obxectivo destruír a estación espacial Estrela da Morte, creada polo opresor Imperio Galáctico. Dende unha perspectiva xeral, a historia enfócase nun mozo campesiño chamado Luke Skywalker, quen, de xeito repentino se converte nun heroe conforme acompaña o Mestre JediObi-Wan Kenobi, nunha misión que o levará a unirse á Alianza Rebelde para axudarlles a destruír a estación espacial do Imperio.
Cronista Xeral de Galicia ou Cronista Oficial do Reino de Galicia é un posto oficial vitalicio, sen remuneración económica, designado por Decreto da Xunta de Galicia que se lle asigna a historiadores para definir a versión oficial da historia contemporánea de Galicia.
O título remóntase ó Antigo Réxime, cando se nomearon varias personalidades coa intención de elaborar unha historia xeral de Galicia, mais con pouco éxito. O primeiro cronista foi Felipe da Gándara, designado en 1654 pola Xunta do Reino. No século XIX tamén ostentou o título Manuel Murguía.
Seguindo a tradición antiga e dentro da política de autoidentificación de Manuel Fraga, restabeleceuse en 1991 e co paso dos anos e a morte de cada persoa fóronse producindo novos nomeamentos.
O último persoeiro que o ocupou foi Antonio Eiras Roel e desde o seu pasamento en 2017 o cargo está vacante.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 129 103 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 250 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.