Etiqueta

No proxecto de código aberto de WordPress dámonos conta de que o noso maior activo é a comunidade que fomentamos. O proxecto, como un todo, segue estes principios filosóficos básicos da Catedral e o bazar.

  • As contribucións ao proxecto de código aberto de WordPress son en beneficio da comunidade de WordPress no seu conxunto, no de negocios ou individuos específicos. Todas as accións levadas a cabo coma colaborador deben facerse tendo en conta os mellores intereses da comunidade.
  • A participación no proxecto de código aberto de WordPress está aberta a todos os que desexen unirse, independentemente da súa capacidade, habilidade, estado financieiro ou calquera outro criterio.
  • O proxecto de código aberto de WordPress é unha comunidade administrada por voluntarios. Incluso nos casos nos que os colaboradores son patrocinados por empresas, ese tempo dónase en beneficio de toda a comunidade de código aberto.
  • Calquera membro da comunidade pode doar o seu tempo e contribuír ao proxecto en calquera forma, incluído o deseño, o código, a documentación, a construción da comunidade, etc. Para obter máis información, entra en make.wordpress.org.
  • A comunidade de código aberto de WordPress preocúpase pola diversidade. Esforzámonos por manter un ambiente acolledor no que todos podan sentirse incluídos, mantendo a comunicación libre de discriminación, incitación á violencia, promoción do odio e comportamento non acolledor.

Actualmente hai un proxecto en marcha para crear un código de conducta para todo o proxecto, de forma que podamos garantir a seguridade dos nosos colaboradores.

As reunións levaranse a cabo no canal de Slack #community-team e as actas publicaranse no Make Community blog .