Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Prata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Prata
Silver crystal.jpg
Cu
  Cubic, face-centered.png
 
47
Ag
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Ag
Au
PaladioPrataCadmio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Prata
Información xeral
Nome, símbolo, número Prata, Ag, 47
Serie química Metal de transición
Grupo, período, bloque 11, 5, d
Densidade 10490 kg/m3
Dureza {{{dureza}}}
Aparencia Prateado
N° CAS 7440-22-4
N° EINECS {{{EINECS}}}
Propiedades atómicas
Masa atómica 107,8682(2)[1] u
Raio medio 160 pm
Raio atómico (calc) 165 pm
Raio covalente 153 pm
Raio de van der Waals 172 pm
Configuración electrónica [Kr]4d10 5s1
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 18, 18, 1
Estado(s) de oxidación 1 (anfótero)
Óxido {{{óxido}}}
Estrutura cristalina cúbica centrada nas caras
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido (__)
Punto de fusión 1234,93 K
Punto de ebulición 2435 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 250,58 kJ/mol
Entalpía de fusión 11,3 kJ/mol
Presión de vapor 0,34 Pa a 1234 K
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 2600 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,93
Calor específica 232 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 63 × 106 m-1 S/m
Condutividade térmica 429 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 731 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 2070 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 3361 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
107Ag51,839%estable con 60 neutróns
108AgSintético418 aε
TI
2,027
0,109
108Paladio
 
109Ag48,161%estable con 62 neutróns
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

A prata é un elemento químico de número atómico 47 situado no grupo 11 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ag. É un metal de transición branco e brillante, e posúe unha alta ductilidade e maleabilidade.

Presenta as maiores condutividades térmica e eléctrica de tódolos metais, e atópase formando parte de distintos minerais (xeralmente en forma de sulfuro) ou como prata libre.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O seu nome é unha evolución do termo latino platus que significaba orixinariamente plano e posteriormente lámina metálica.

O nome do símbolo provén do latín argentum e do grego ἄργυρος,[2] nomes do metal nesas linguas (derivados dunha raíz indo-europea que significa brillante).[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A prata empregouse desde a antigüidade para a elaboración de armas de guerra e logo na elaboración de utensilios e ornamentos, de onde se estendeu ao comercio ao cuñarse as primeiras moedas de prata, chegando a constituír a base do sistema monetario de numerosos países.

En 1516 Juan Díaz de Solís descubriu en Suramérica o mar Doce que posteriormente Sebastián Caboto denominou Río da Prata, crendo que alí abundaba o metal, e de onde tomará o nome Arxentina. Anos máis tarde, o achado de grandes reservas de prata no Novo Mundo en Zacatecas e Potosí e a súa importación cara Europa provocou un longo período de inflación no continente europeo.

Propiedades[editar | editar a fonte]

A prata é un metal moi empregado na cuñaxe de moedas xa que é moi dúctil e maleable, aínda que presenta maior dureza que o ouro. Ten un brillo branco metálico susceptible ao pulimento, que se mantén na auga e no aire, aínda que a súa superficie se empaña en presenza de ozono, sulfuro de hidróxeno ou aire que conteña xofre.

Abundancia e obtención[editar | editar a fonte]

A prata atópase na natureza combinada con xofre (arxentita, Ag2S), arsénico, antimonio ou cloro (AgCl). Obtense principalmente de minas de cobre, cobre-níquel, ouro, chumbo e chumbo-cinc no Canadá, México, o Perú e os Estados Unidos.

Principais produtores[editar | editar a fonte]

Prata na súa matriz

A produción mundial de prata durante o 2011 acadou un total de 23.800 toneladas métricas de prata. Os principais países produtores de prata son México e Perú que representan por si sós 1/3 da produción mundial de prata.[4]

Rango Estado Produción en 2011
(mineral)
(en toneladas/ano)
1 México 4.500
2 Perú 4.000
3 China 4.000
4 Australia 1.900
5 Chile 1.400
6 Rusia 1.400
7 Bolivia 1.350
8 Polonia 1.200
9 Estados Unidos 1.160
10 Canadá 700
Fonte: United States Geological Survey (USGS) - 2011

Reservas[editar | editar a fonte]

De acordo coa información entregada no informe anual do United States Geological Survey (USGS), as estimacións sinalan que as reservas coñecidas de prata no 2011 a nivel mundial acadarían 530.000 toneladas métricas de prata fina. Segundo as estimacións de USGS, no Perú existirían arredor de 120.000 toneladas métricas economicamente explotables, equivalentes ó 23% do total de reservas mundiais do mineral; seguido de Polonia con 85.000 toneladas métricas economicamente explotables, equivalentes ó 16% do total de reservas mundiais do mineral.[4]

Rango Estado Reservas mundiais
de prata en 2011
(en toneladas/ano)
Porcentaje
del total
(aprox)
1 Perú 120.000 23 %
2 Polonia 85.000 16 %
3 Chile 70.000 13 %
4 Australia 69.000 13 %
5 China 43.000 8 %
6 México 37.000 7 %
7 Estados Unidos 25.000 5 %
8 Bolivia 22.000 4 %
9 Canadá 7.000 1 %
Fonte: United States Geological Survey (USGS) - 2011

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Do total da produción mundial de prata, aproximadamente o 70% emprégase con fins monetarios, mentres que a outra parte emprégase na ourivaría, e en menores cantidades na fotografía, química e electricidade.

Exemplos de uso[editar | editar a fonte]

Isótopos[editar | editar a fonte]

A prata natural componse de dous isótopos estables, Ag-107 e Ag-109, sendo o primeiro lixeiramente máis abundante (51,839%) que o segundo. Caracterizáronse vinte e oito radioisótopos, dos cales os máis estables son os Ag-105, Ag-111 e Ag-112, con períodos de semidesintegración de 41,29 días, 7,45 días e 3,13 horas respectivamente. Os demais isótopos teñen períodos de semidesintegración máis curtos que unha hora, e a maioría menores que tres minutos. Identificáronse numerosos estados metastables entre os que os máis estables son Agm-108 (418 anos), Agm-110 (249,79 días) e Agm-107 (8,28 días).

Os isótopos da prata teñen pesos atómicos que varían entre as 93,943 uma da Ag-94 e as 123,929 uma da Ag-124. A principal forma de desintegración dos isótopos máis lixeiros que o estable máis abundante é a captura electrónica resultando isótopos de paladio, mentres que os isótopos máis pesados que o estable máis abundante desintégranse sobre todo mediante emisión beta, dando lugar a isótopos de cadmio.

Precaucións[editar | editar a fonte]

A prata non é tóxica pero a maioría das súas sales son velenosas. Os compostos que conteñen prata poden entrar ao corpo humano polo sistema circulatorio e depositarse en diversos tecidos provocando arxiria, unha afección que provoca a coloración agrisada da pel e as mucosas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CIAAW
  2. Les Poinçons de garantie internationaux pour l'argent (Tardy ed.). p. 6. ISBN 2901622178. 
  3. A. Ernout; A. Meillet (1939). Dictionnaire Étymologique de la langue latine. Histoire des mots (Librarie C. Klicksieck ed.). París. pp. s.v. 
  4. 4,0 4,1 United States Geological Survey (USGS) (xaneiro de 2012). "Silver" (PDF). Mineral Commodity Summaries 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]