Queremos mellorar a movilidade na nosa cidade e buscamos cómo, a idea é aproveitar os datos abertos para que a xente deixe o coche na casa e vexa a necesidade de moverse dun xeito mais sostible.
Públicos e con licenzas libres, pensando sempre na reutilización e en mellorar a sociedade.
Crearemos proxectos de Software e Hardware Libre, buscando impulsar a innovación aberta e colaborativa.
Experimentar e aprender con datos, frameworks, APIs e todo tipo de tecnoloxías libres
Periodístas, deseñadores, desenvolvedores, creadores de contido... Todo o mundo é benvido!
A idea é pasar 12 horas en equipo creando un prototipo de proxecto tecnolóxico que xenere ou aproveite datos de fontes abertas, todo nun ambiente colaborativo no que aprender moitísimo e pasar un bó rato
Análise dos datos de uso de Bicicoruña para pedirlle ao concello máis bicis nun punto, visualización do tráfico en tempo real, unha app para que os visitantes poidan coñecer a cidade sen coller o coche...
Se tes unha idea, ou queres contar unha historia con datos abertos, apuntate e faremos un equipo para traballar en ela, entre todos imos mellorar cómo nos movemos pola cidade e quen sabe, igual ata pode sair algunha startup de aquí ;)
Para ver o potencial dos datos abertos aquí temos unha pequena lista de proxectos que xeneran ou utilizan este tipo de datos, no botón poderás ver ou engadir algún máis que coñezas
Citybik - Compartición de bicicletas
Wheelmap - Accesibilidade en cadeiras de rodas
Red electrica de España - Consumos enerxéticos en tempo real
Madrid en bici - Análise periodístico do uso da bici en Madrid
O Concello da Coruña danos acceso a certos datos de movilidade que se obteñen dende a plataforma da Smart City (autobuses en tempo real, bicicoruña, fluidez de tráfico...) e que son moi interesantes para utilizar.
Por suposto calquera outra fonte de datos aberta é benvida, no seguinte post recopilanse as máis interesantes, no dubides en botarlle un ollo ou engadir algunha.
Ver ou engadir fontes de datosBásicamente así imos pasar o sábado 7 de Outubro, aprendendo entre amigos e coñecendo xente xenial. Non te apuntas?
Horario | Actividade |
---|---|
9:00 - 9:15 | Benvida e presentación |
9:15 - 10:00 | Almorzo e creación de equipos |
10:00 - 14:00 | Hacking time |
14:00 - 15:00 | Descansiño para comer |
15:00 - 20:00 | Hacking time |
20:00 - 20:30 | Exposición de proxectos |
Graciñas a toda esta xente por axudarnos a montar un evento coma este.