Ver e reutilizar o código é fundamental para aprender, para estar seguros de ter privacidade e para mellorar o software.
Igual que no software, no hardware tamén se poden publicar os planos e deseños para democratizar o acceso a tecnoloxía.
Non nos podemos olvidar da importancia de compartir coñecemento libremente, sen restricións, mellorando a sociedade.
Toda unha vida apoiando a tecnoloxía libre, facendo activismo e mostrándolle cada día a máis xente o importante que é para a sociedade.
Somos de meternos sempre en fregados, dende pequenas charlas e hackathons ata grandes conferencias internacionais con todo tipo de asociacións de software libre. Aquí algúns exemplos do que temos montado.
Somos un pouco vintage e seguimos usando listas de correo para as nosas comunicacións.
Xa o dí a palabra, nesta lista dedicamonos a "organizar" actividades e a mandar por aquí toda a información sobre elas. Se queres propoñer algún evento, dar unha charla ou colaborar en algo que facemos, está é a túa lista.
SuscribirmeAínda que non ten unha temática fixa, por aquí pódese mandar todo o que non encaixe no resto de listas. Vale para anunciar eventos de outras comunidades, cousas curiosas pero sobre todo é útil para enviar e recibir ofertas de traballo.
SuscribirmeEn GPUL somos unha gran comunidade na que nos encanta que todo o mundo participe pero alguén ten que se cargar cos papeleos, estos somos aos que nos toca ahora mesmo :P
Vogal