Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Artigo destacado

Finnish Ice Hockey Museum logo.jpg

O Suomen Jääkiekkomuseo (en galego Museo finlandés do hóckey sobre xeo) é un museo situado na cidade finlandesa de Tampere adicado á historia do hóckey sobre xeo. O museo abriu as súas portas en 1979 e orixinalmente encontrábase no Tampereen jäähalli (principal pavillón de hóckey sobre xeo da cidade), ata que no ano 2000 se trasladou ao complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.

Na exposición, de 440 , poden verse algúns dos trofeos entregados pola liga profesional masculina e a liiga feminina, así como os títulos mundiais e medallas conquistadas polas seleccións finlandesas feminina, masculina e categorías inferiores. A colección do museo consta de milleiros de fotografías e obxectos, e centos de camisolas. Tamén pode verse o Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo finlandés, denominado en finés Suomen Jääkiekkoleijonat (en galego Leóns/leoas do hóckey sobre xeo finlandés).

O museo do hóckey sobre xeo finlandés é considerado o segundo mellor museo de historia do hóckey sobre xeo do mundo por detrás do Hockey Hall of Fame de Toronto. O espazo conta tamén con seccións interactivas nas que as persoas que o visitan poden, por exemplo, tirar á portería ou encarnar a un porteiro ou porteira nos simuladores cos que conta.

Sobre Galicia

Benito Vicetto.jpg

Benito Vicetto Pérez nado en Ferrol o 21 de maio de 1824 e finado na mesma cidade o 28 de maio de 1878, foi un escritor, xornalista e historiador galego. Prolífero autor literario en lingua castelá, na que cultivou a poesía, a novela, o teatro e o ensaio, escribiu tamén algúns poemas en lingua galega. Destacou como editor e colaborador de xornais de tendencia progresista, desde os que impulsou as ideas rexionalistas. Como historiador publicou unha exitosa Historia de Galicia en sete volumes que, malia a súa discutida fiabilidade histórica, avivou o interese polas propias raiceiras e a conciencia diferencial da sociedade galega do seu tempo.

Tal día coma hoxe no ano...

A fonte do xuramento.jpg

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 128 255 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 244 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento