As súas ideas inspiraron tendencias da esquerda comunista e deron orixe a posteriori á corrente intelectual coñecida baixo o nome de luxemburgismo. A herdanza de Rosa Luxemburg foi reivindicada porén, de maneira contraditoria, por movementos políticos moi diversos.
Debido ás súas críticas tanto ás escolas leninista coma ós máis moderados socialdemócratas do socialismo, Luxemburg tivo unha acollida ambivalente entre os académicos e teóricos da esquerda política. Porén, Luxemburg e Liebknecht foron idolatrados como mártires comunistas polo réxime comunista da Alemaña do Leste.
O seu traballo, tanto no eido teórico como práctico, para a consecución dun socialismo democrático internacional, en contra do militarismo e da guerra, é considerado hoxe en día por moitos un modelo a seguir. Dende 1996, un domingo a mediados de xaneiro celébrase cada ano, en Berlín, o día de Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht, en lembranza do asasinato dos dous dirixentes comunistas o 15 de xaneiro de 1919, e a Oficina Federal para a Protección da Constitución alemá indica que a idolatría por eles é unha importante tradición da extrema esquerda alemá.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 126 868 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 304 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.