Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Octavio Augusto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Augusto»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Octavio Augusto
Emperador romano
Hw-augustus.jpg
Octavio Augusto
16 de xaneiro de 27 a. C.-19 de agosto de 14 d. C.

Reinado16 de xaneiro de 27 a.C.-19 de agosto de 14 d.C.
Nome completoGaius Octauius Thurinus
(ata a súa adopción por parte de Xulio César no 44 a.C.)
Gaius Iulius Caesar
(dende o 44 ao 27 a.C.
Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus
(dende o 27 a.C. ata a súa morte)
Nacemento23 de setembro do 63 a.C.
Roma (República Romana)
Falecemento19 de agosto de 14 d.C. (75 anos)
Nola (Imperio romano)
SepulturaMausoleo de Augusto
PredecesorCargo de nova creación
SucesorTiberio
ConsorteClodia Pulcra (?-40 a. C.)
Escribonia (40 a. C. 38 a. C.)
Livia Drusila (38  . C.-14 d. C.)
DescendenciaXulia a Maior;
Cayo César (adoptivo);
Lucio Xulio César (adoptivo);
Tiberio (adoptivo)
ProxenitoresCayo Octavio Turino; adoptado por Xulio César
Atia Balba Cesonia

Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus, chamado tamén César Augusto e Octavio Augusto, nado en Roma o 23 de setembro do 63 a. C. e finado o 19 de agosto do 14,[Nota 1] foi o primeiro emperador romano.

Era sobriño-neto de Xulio César. Tras a morte deste no 44 a. C. , empezou a loita contra o que fora o seu lugartenente, Marco Antonio; para isto contou co apoio de Cicerón e dos republicanos do Senado de Roma, que esperaban dividir os cesaristas enfrontándoos entre si. Casado con Livia, nai do seu sucesor (Tiberio), foi o iniciador da dinastía Xulia Claudia.

Trala súa morte, no 14, o senado divinizouno, sendo adorado, posteriormente, polo pobo romano como deus inmortal.[1] Houbo rumores, non confirmados, de que morreu envelenado pola súa muller Livia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

A pesar de que a súa familia paterna, pertencente ao Ordo Equestris, procedía da cidade de Velletri, situada aproximadamente a 40 quilómetros de Roma, Augusto xa naceu na Urbs o 23 de setembro do 63 a.C., máis concretamente na zona chamada Curis Veteribus (en galego, Curias Vellas), nunha mansión situada no outeiro do Palatino, moi preto do Foro Romano e do Arco de Tito (nunhas escavacións de 2011, atopouse a que se cría que podería ser a súa casa natal).[2][3]

Cando naceu, recibiu foi chamado Gaius Octauius Thurinus[4] (Caio Octavio Turino) sendo a denominación "Turino" unha probable referencia á vitoria do seu pai en Turios sobre unha rebelión de escravos.[4][5] Debido á superpoboación de Roma naquel momento, Octavio foi levado á cidade natal do seu pai, Velletri, para ser criado alí. Nas súas Memorias, o futuro emperador só fai unha breve referencia á súa familia natural da orde ecuestre: o seu bisavó paterno servira como tribuno militar en Sicilia, baixo o mando de Lucio Emilio Papo, durante a Segunda guerra púnica, mentres que o seu o avó exerceu en varios cargos políticos rexionais. O seu pai, tamén chamado Caio Octavio, foi pretor e gobernador de Macedonia,[6][Nota 2] e a súa nai, Acia, era sobriña de Xulio César, quen o adoptou no 45 a. C. e designouno herdeiro seu.

Daquela foi cando comezou a busca de Octavio polo poder. No día do asasinato do tío, Octavio atopábase en Atenas a estudar, cos seus amigos Mecenas e Agripa. con apenas 18 anos, Octavio parte para Roma. Ao chegar a Brundisio, a Décima Segunda Lexión xúralle lealdade e, en discurso ás tropas, Octavio declara ser fillo adoptivo de Xulio César. En Roma, Marco Antonio pide as tropas de Octavio en troca de protección e privilexios políticos, o que Octavio recusa, ao mesmo tempo que paga os legados do testamento de Xulio César co seu propio diñeiro e alíase con Cicerón. Este comeza a eloxiar a Octavio no Senado e a atacar a Marco Antonio.

Revolto coa alianza, Marco Antonio acusa publicamente a Octavio de planear o seu asasinato. Octavio publica entón unha resposta ridiculizando a acusación. Marco Antonio simplemente xunta todas as tropas que pode e data o cerco sobre Décimo Bruto en Módena. Tras derrotar a Marco Antonio na batalla de Módena, esixiu do Senado o nomeamento de cónsul, rexeitado pola súa mocidade -tiña só 20 anos-. Octavio foi obrigado a fuxir de Roma. Estableceuse temporalmente na Sabina, onde reuniu o seu estado maior e logo despois foi para Arezzo, onde recrutou tropas para invadir Roma coa forza das armas. Logo despois da invasión, Octavio foi elixido cónsul. Octavio fixo que a Corte sancionase a súa adopción por Xulio César, tornándose Caio Xulio César Octaviano (Gaius Iulius Caesar Octavianus) e pasando a ser coñecido como Octaviano.

Desde o ano -43 Octavio foi cónsul e fíxose outorgar poderes extraordinarios. Enfrontado ás resistencia dos republicanos Bruto e Casio, fortes en Oriente, Octavio decidiu aliarse cos seus antigos inimigos Marco Antonio e Lépido -43) e formar con eles o segundo triunvirato. Os tres defensores dos ideais republicanos xuntáronse na Batalla de Filipos, onde derrotaron os últimos asasinos aínda vivos de Xulio César, Caio Casio Lonxino e Bruto. Após a batalla, Octaviano coñeceu o poeta Virxilio e pasou a financiar a súa arte.

Marxinado Lépido, Octavio repartiuse o poder de feito con Marco Antonio, deixando a este último a zona oriental, mentres el permanecía en Roma e controlaba a parte occidental. O enfrontamento entre ambos conduciu á Guerra de Peruggia (-41), na que o xefe militar de Octavio, Marco Vipsanio Agripa, derrotou aos antonianos. A conferencia de Brindisi (-40) estableceu un novo repartimento de zonas de influencia entre os triunviros: Octavio dominaba en Occidente; Marco Antonio nun Oriente restrinxido, que alcanzaba só até o río Drin (en Albania); Lépido en África; e Italia considerábase neutralizada baixo o dominio conxunto dos triunviros.

O matrimonio entre a irmá de Octavio e Antonio selou a paz, que se mantivo durante catro anos. Ademais, no -39 Sexto Pompeio recibiu Sicilia, Sardeña, Córsega e Acaia, co compromiso de manter Roma abastecida de gran; pero no -36 Octavio tivo que se enfrontar a Sexto Pompeio, a quen derrotou na batalla de Nauloque, en Sicilia.

O goberno de Octavio fíxose popular en Occidente en virtude do seu impulso á agricultura e da integración das provincias con Roma. Mentres tanto, Marco Antonio sucumbira á influencia de Cleopatra VII de Exipto e practicaba unha política orientalizante, pouco propicia aos intereses romanos; Octavio explotou no seu favor esta circunstancia, declarando a guerra a Cleopatra no -32Guerra Ptolemaica»). Após a vitoria naval de Accio (-31), entrou en Alexandría, onde Marco Antonio e Cleopatra se suicidaron (-30). Coa anexión de Exipto, Octavio deu a Roma o control sobre todo o Mediterráneo.

Estatua de Augusto.
Museos Vaticanos.

Aproveitando o seu prestixio, Octavio transformou o réxime político da República romana nunha especie de monarquía que recibe os nomes de Principado ou Imperio; o novo réxime consistía nun equilibrio de poder entre o Senado romano e o pobo romano, por unha banda, e o emperador e a súa casa, por outro. Inicialmente, fíxose renovar cada ano o mandato como cónsul en solitario, ao cal foi engadindo novos títulos que reafirmaron o seu poder:

  • princeps senatus (o primeiro dos senadores) no -28;
  • augustus (título relixioso que reflectía a súa misión divina) e imperator proconsularis da Galia, a Hispania e a Siria (o que lle outorgaba o mando militar) no -27;
  • tribuno vitalicio (con poder de veto sobre as decisións dos maxistrados) no -23;
  • cónsul vitalicio e prefecto dos costumes no -19;
  • sumo pontífice (xefe relixioso do Imperio) no -12; e
  • «pai da patria» no ano -2.

Aínda que rexeitou a súa divinización en vida, aproveitou no seu favor o culto dos xenios, fomentando un culto ao emperador que se converteu nun vínculo adicional entre os habitantes do Imperio. Paralelamente, reformou as institucións romanas, adaptándoas á necesidade de xestionar un imperio tan extenso: creou o Consello do Príncipe, órgano de goberno integrado por homes da súa confianza (Agripa, Mecenas); dividiu as provincias en senatoriais (confiadas a un gobernador sen mando militar nomeado polo Senado) e imperiais (gobernadas por un legado do emperador); reorganizou o sistema monetario e tamén o fiscal, someténdoo á súa xestión directa e facéndoo menos gravoso; protexeu o culto; favoreceu á orde ecuestre fronte á aristocracia senatorial; asegurou os límites do Imperio fronte aos partos e aos xermanos; e continuou a expansión na zona do Danubio e o mar Negro.

Entre as debilidades do seu poder destaca o non ter sucesor (non tivo fillos homes dos seus tres matrimonios); acabou por adoptar ao seu fillastro e xenro Tiberio (fillo da súa esposa Livia), ao cal asociou no poder desde o 13, e que o sucedería sen dificultade logo da súa morte.

No plano cultural o Século de Augusto foi moi produtivo e cheo de promesas creadoras, inaugurando unha época clásica para a arte europea, un clasicismo latino que, aínda no Renacemento, mil anos despois, estaría dando froitos. Augusto fundou bibliotecas públicas; a literatura latina, primitivamente influenciada polos gregos, adquiriu independencia e tornouse unha das máis brillantes do mundo occidental.

O mes agosto foi bautizado como Augustus na súa honra; até entón designábase Sextilis (ver Calendario romano).

Imperio Romano

Segue a:
Xulio César
Octavio Augusto
Precede a:
Tiberio
Dinastía Xulio-Claudia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Blackburn & Holford-Strevens (2003), p. 670-1 "Estas son as datas contemporáneas, posto que Augusto viviu baixo dous calendarios: o romano ata o 45 a.C. e o xuliano, despois do 45 a.C. Por mor de discrepancias coas intencións orixinais de Xulio César, Augusto restaurou o calendario xuliano no 8 a.C. polo que a correspondencia entre o calendario xuliano prolíptico e o calendario romano actual é incerta antes do 8 a. C."
  2. Suetonio, Vida de Octavio Augusto, I-IV. (O Marco Octavio, que vetou a lei agraria proposta por Tiberio Graco no 133 a.C., posiblemente fose o seu devanceiro).
Referencias
  1. Eck (2003), p. 124
  2. Larcan, Laura (26 de outubro de 2011). "Ecco la Domus di Augusto La casa natale del primo imperatore". repubblica.it (en italiano). Consultado o 3 de xullo de 2021. 
  3. Caso de los Cobos, Guillermo (27 de outubro de 2011). "Sacan a la luz la casa natal del emperador César Augusto". terraeantiqvae.com (en castelán). Consultado o 3 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Suetonio, Vida de Octavio Augusto V-VII.
  5. "Augusto de Prima PortaAugusto. Octavio". artehistoria.jcyl.es (en castelán). 8 de abril de 2010. Consultado o 3 de xullo de 2021. 
  6. Rowell (1962), p. 14

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ando, Clifford, Imperial ideology and provincial loyalty in the Roman Empire, University of California Press, 2000.
  • Bivar, A.D.H. (1983). "The Political History of Iran Under the Arsacids", in The Cambridge History of Iran (Vol 3:1), 21–99. Edited by Ehsan Yarshater. Londres, Nova York, New Rochelle, Melbourne, and Sydney: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-20092-9.
  • Blackburn, Bonnie and Holford-Strevens, Leofranc. (1999). The Oxford Companion to the Year. Oxford University Press. Reprinted with corrections 2003.
  • Bourne, Ella. "Augustus as a Letter-Writer", Transactions and Proceedings of the American Philological Association (Volume 49, 1918): 53–66.
  • Bowersock, G. W. (1990). "The Pontificate of Augustus". En Kurt A. Raaflaub and Mark Toher (eds.). Between Republic and Empire: Interpretations of Augustus and his Principate. Berkeley: University of California Press. pp. 380–394. ISBN 978-0-520-08447-6. 
  • Eck, Werner (2003). The Age of Augustus (en inglés). Oxford: Blackwell Publishing. ISBN 0-631-22957-4. 
  • Eder, Walter. (2005). "Augustus and the Power of Tradition", in The Cambridge Companion to the Age of Augustus (Cambridge Companions to the Ancient World), ed. Karl Galinsky, 13–32. Cambridge, MA; Nova York: Cambridge University Press (hardcover, ISBN 978-0-521-80796-8; paperback, ISBN 978-0-521-00393-3).
  • Everitt, Anthony (2006) Augustus: The Life of Rome's First Emperor. Random House Books. ISBN 1-4000-6128-8.
  • Green, Peter (1990). Alexander to Actium: The Historical Evolution of the Hellenistic Age. Hellenistic Culture and Society. Berkeley, CA; Los Angeles; London: University of California Press. ISBN 9780520083493. 
  • Rowell, Henry Thompson (1962). The Centers of Civilization Series, vol. 5: Rome in the Augustan Age (en inglés). Norman: University of Oklahoma Press. ISBN 0-8061-0956-4. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]