Artigo destacado
|
K'inich Janaab' Pakal (pronunciado en maia: [k’ihniʧ xanaːɓ pakal]) ou Pakal o Grande, nado o 23 de marzo de 603 e finado o 28 de agosto de 683, foi un ahau ou gobernante do ajawlel ou señorío maia de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', agora coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, que se atopa no norte do estado mexicano de Chiapas.
Foi entronizado pola súa nai á idade de doce anos, gobernou dende o ano 615 até o 683. Ascendeu ó poder despois de que Palenque sufrise un período de adversidade. Durante as primeiras décadas do seu goberno viviuse unha época de paz e produtividade. No ano 659 iniciou unha campaña militar que consolidou a Palenque como unha das cidades máis importantes da rexión. Durante un reinado de 68 anos, o máis longo período de reinado coñecido na historia de América, o goberno de Pakal caracterizouse por impulsar o crecemento da obra arquitectónica de Palenque e por iniciar os rexistros xeroglíficos da súa historia dinástica.
Cando se descubriu a súa tumba chamóuselle o Señor da Pirámide. Antes de que existisen os avances no desciframento dos xeroglíficos maias era coñecido simplemente como 8 Ahau ou 8 Ajaw, pois só se identificaron algúns dos glifos que corresponden á data do seu nacemento. Denominóuselle Pakal II para distinguilo do seu avó materno, Janaab' Pakal, a quen algúns historiadores lle asignan o número ordinal romano I. Porén, malia que o retrato do seu avó se atopa tallado en altorrelevo na tumba do Templo das Inscricións e a pesar de que o seu avó exerceu un título secundario ou un goberno no exilio paralelo ó de Aj Ne' Ohl Mat, non existen evidencias da súa entronización como ahau de Palenque. Por este motivo, tamén existe a tendencia a chamalo K'inich Janaab' Pakal I ou Pakal I, pois foi realmente o primeiro gobernante que utilizou este nome en Palenque. Existen dous gobernantes que anos despois tamén utilizaron o mesmo nome: Upakal K'inich Janaab' Pakal (K'inich Janaab' Pakal II) e Wak Kimi Janaab' Pakal (Janaab' Pakal III). Para evitar confundir a Pakal “o Grande” co seu avó, algúns investigadores optaron por referirse a este último como Pakal “o Vello” (Pakal “the Elder”).
|
Sobre Galicia
|
|
Tal día coma hoxe no ano...
|
- 1973, os derradeiros soldados norteamericanos retíranse do Vietnam do Sur (Guerra do Vietnam).
- 1974, a sonda espacial Mariner 10 da NASA é a primeira en sobrevoar Mercurio. Fora lanzada o 3 de novembro de 1973.
- 1982, morre Carl Orff, compositor alemán,.
- 1998, inaugúrase a ponte Vasco da Gama (na imaxe), sobre o río Texo.
- 1994, morre Eugène Ionesco, dramaturgo franco-romeno (n. 1912).
- 2004, Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Romanía, Eslovaquia e Eslovenia pasan a formar parte da OTAN.
|
|
|
Imaxe do día
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 124 806 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 367 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|