Shaka Samvat
O calendario nacional indio Shaka Samvat, é o calendario civil oficial utilizado na India. Emprégase, xunto co calendario gregoriano, na Gazette of India, en difusións de noticias da All India Radio, e en calendarios e comunicacións publicados polo goberno da India.
Ao marxe de tales propósitos formais, o calendario non é moi amplamente utilizado.
Estrutura do calendario[editar | editar a fonte]
Mes | Duración | Inicio (cal. gregoriano) |
---|---|---|
Chaitra | 30/31 | 22 de marzo |
Vaisakha | 31 | 21 de abril |
Jyaistha | 31 | 22 de maio |
Asadha | 31 | 22 de xuño |
Sravana | 31 | 23 de xullo |
Bhadra | 31 | 23 de agosto |
Asvina | 30 | 23 de setembro |
Kartika | 30 | 23 de outubro |
Agrahayana | 30 | 22 de novembro |
Pausa | 30 | 22 de decembro |
Magha | 30 | 21 de xaneiro |
Phalguna | 30 | 20 de febreiro |
En anos bisestos, Chaitra ten 31 días e comeza o 21 de marzo en lugar do 30. Os meses da primeira metade do ano teñen todos 31 días, para ter en conta o movemento máis lento do sol a través da eclíptica neste tempo.
Os nomes dos meses derivan de calendarios hindús lunisolares máis antigos, polo que existen variacións no deletreo, o que é unha fonte posíbel da confusión en canto a que calendario pertence unha data.
Os anos cóntanse na era Saka, a que comeza o seu ano 0 no 78.
A Galipedia ten un portal sobre: India |