A historia da moeda do Tíbet remóntase á Antigüidade, cando esta rexión asiática non realizaba aínda as súas propias cuñaxes. Utilizábanse ás veces moedas doutros territorios, aínda que o troco era unha práctica máis común, o ouro constituía un medio de intercambio e as cunchas e as doas de pedra utilizábanse para as transaccións máis pequenas.
A partir do século XVII comezou a utilizarse a moeda dun xeito máis extenso; tratábase de moedas de prata procedentes do Nepal. E entre 1763 e 1785 cuñáronse as primeiras moedas de prata tibetanas. Pouco despois, en 1792, producíronse as primeiras emisións masivas, baixo a autoridade mixta tibetano-chinesa, con lendas en ambas as linguas, ata que en 1840 xurdiu a moeda xenuinamente tibetana, que se mantivo ata 1954, coa única excepción de dous breves períodos de emisións sino-tibetanas.
En 1910, o Goberno tibetano comezou a producir unha ampla variedade de moedas de prata e de cobre con diferentes valores faciais, e entre 1918 e 1921 só se cuñaron moedas de ouro. Pola súa banda, os primeiros billetes apareceron en 1913.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteirasgalegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional. Con todo, tratan de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop. Así mesmo, busca salientar temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller, entre outros. O nome do grupo provén da toponimia, trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós. É un zoónimo que fai referencia a un lugar onde son frecuentes os tanxugos ou teixugos.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 124 902 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 358 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.