.ar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
.ar
Ano de creación1987
En servizo desde1987
TipoccTLD
EstadoActivo
RexistradorNIC Argentina
PatrocinadorMinisterio de Relacións Exteriores
FinalidadeEntidades ligadas con Arxentina
PaísArxentina
WebNIC Argentina

.ar é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Arxentina. En contraste con outros NIC, NIC Argentina estableceu que só habitantes do país poden obter un dominio .ar.

Como pasa con algúns administradores de nomes de dominio, NIC Argentina esixe o rexistro de dominios de terceiro nivel. Todo dominio arxentino, agás excepcións, deberá ser un dominio de terceiro nivel de:

  • .com.ar
  • .edu.ar
  • .gov.ar e gob.ar
  • .int.ar
  • .mil.ar
  • .net.ar
  • .org.ar
  • .tur.ar

As excepcións, debidas na súa maior parte a dominios preexistentes no momento de crearse NIC, ou a razóns gobernamentais son:

Recentemente autorizáronse máis excepcións, sempre para rexistrantes ligados ao goberno nacional (por exemplo hablemostodos.ar[2])

Os cidadáns particulares só poden ser titulares do dominio de segundo nivel .com, xa que os outros están reservados para organizacións, tanto públicas como privadas. O rexistro de dominios non é arancelado e a súa administración está a cargo da Dirección Nacional do Rexistro de Dominios de Internet no ámbito da Secretaría Legal e Técnica da Presidencia da Nación.

O pasado 8 de setembro de 2008, os dominios .ar sufriron os seguintes cambios:

  • Permitirán o rexistro de nomes usando caracteres internacionais (IDN), como o ñ, á, é, í ó, ú, ä, ë, ï, ö, e ü.
  • Os dominios para institucións do goberno cambiarán de .gov.ar para .gob.ar.
  • Introducirase un novo dominio de segundo nivel .tur.ar para fomentar os sitios de axencias de viaxes e de turismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". web.archive.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2012. Consultado o 01 de febreiro de 2019. 
  2. "Copia arquivada". hablemostodos.ar (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2013. Consultado o 01 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]