Giovanni Passannante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Giovanni Passannante
Giovanni passannante.jpg
Nacemento19 de febreiro de 1849
Lugar de nacementoSavoia di Lucania
Falecemento14 de febreiro de 1910
Lugar de falecementoMontelupo Fiorentino
NacionalidadeReino de Italia
Ocupaciónchef
editar datos en Wikidata ]

Giovanni Passannante, nado en Salvia di Lucania, Basilicata, o 19 de febreiro 1849 e finado en Montelupo Fiorentino, Toscana, o 14 de febreiro de 1910, foi un anarquista italiano, coñecido por ter tentado asasinar o rei Humberto I de Savoia o 17 de novembro de 1878 en Nápoles.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Condenado á morte, súa pena foi despois cambiada para cadea perpetua. O anarquista foi detido en Portoferraio, Illa de Elba, nunha cela pequena e escura baixo o nivel do mar, en completo illamento durante 10 anos. Enlouquecido, foi levado ao hospital psiquiátrico en Montelupo Fiorentino, onde morreu en 1910.

Despois do intento de rexicidio, a súa cidade natal foi forzada a mudar o nome para Savoia di Lucania en homenaxe á familia real.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]