Alabama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alabama
Bandeira de Alabama
Escudo de Alabama
BandeiraEscudo
Alabama in United States.svg
Lema: Audemus juro nostra defender
EstadoFlag of the United States.svg Estados Unidos
CapitalMontgomery
Cidade máis poboadaBirmingham
Lingua oficialInglés
Forma de gobernoEstado federado
Gobernador
Kay Ivey (R)
SuperficiePosto 30º
 • Total135.775 km²
 • % auga4.338
PoboaciónPosto 23º
 • Total4 447 100 hab.
 • Densidade33,84 hab./km²
Fuso horarioUTC-6/5
 • Horario de veránNon
Código ISOUS-AL

Alabama[1][2] é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos. No ano 2000 tiña 4 447 100 habitantes. A capital é Montgomery.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Alabama ten unha superficie de 135.765 km², está dividido en 67 condados. O seu territorio é patelo, 734 metros é a altura máxima, regado por varios ríos, entre os que destacan o Alabama e o Tennessee.

Alabama está dividido administrativamente en 67 condados: Autauga, Baldwin, Barbour, Bibb, Blount, Bullock, Butler, Calhoun, Chambers, Cherokee, Chilton, Choctaw, Clarke, Clay, Cleburne, Coffee, Colbert, Conecuh, Coosa, Covington, Crenshaw, Cullman, Dale, Dallas, DeKalb, Elmore, Escambia, Etowah, Fayette, Franklin, Geneva, Greene, Hale, Henry, Houston, Jackson, Jefferson, Lamar, Lauderdale, Lawrence, Lee, Limestone, Lowndes, Macon, Madison, Marengo, Marion, Marshall, Mobile, Monroe, Montgomery, Morgan, Perry, Pickens, Pike, Randolph, Russell, St. Clair, Shelby, Sumter, Talladega, Tallapoosa, Tuscaloosa, Walker, Washington, Wilcox e Winston.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes da chegada dos europeos no actual estado de Alabama vivían os alabama, cherokees, chicksaw, choctaw, creek, koasati e mobile.

Españois e británicos disputáronse o territorio, en 1701 os franceses integraron o territorio en Luisiana (Nova Francia) ata que foi mercado polos Estados Unidos, e finalmente converteuse no 22º estado en 1819.

O estado de Alabama separouse da Unión para se unir aos Estados Confederados de América o 11 de xaneiro de 1861, ao que contribuíu con 120.000 soldados á Guerra Civil Americana. Alabama foi readmitida na Unión en xuño de 1868

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2.