Artigo destacado
|
A reparación do ADN (ou reparación do DNA) é o conxunto de procesos polos cales unha célula detecta e corrixe os danos que se produciron nas moléculas de ADN nas que está codificado o seu xenoma. Nas células humanas, tanto as actividades metabólicas normais coma a influencia de factores ambientais como a luz ultravioleta (UV) e outras radiacións poden causar danos no ADN, que teñen como resultado a produción de lesións, que se estima que pode chegar ata aproximadamente un millón de pequenas lesións moleculares por célula e día. Moitas destas lesións causan danos estruturais á molécula de ADN e poden alterar ou eliminar a capacidade da célula de realizar a transcrición dun xene que foi afectado pola lesión. Outras lesións inducen mutacións potencialmente nocivas no xenoma celular, que poden afectar a supervivencia das súas células fillas despois da mitose ou orixinar doenzas. Como consecuencia, o proceso de reparación do ADN está activo constantemente para responder a estes danos na estrutura do ADN.
A célula ten diversos mecanismos para reparar os danos no ADN, que poden necesitar un molde para guiarse na reparación e resintetizar as partes danadas ou non necesitalo, e poden realizar a reparación con gran precisión ou de forma máis imprecisa (o ADN non queda igual ao orixinal), e mesmo poden perderse segmentos de ADN. Estes mecanismos son: (1) reversión directa, que utiliza encimas que non precisan dun molde; (2) reparación por escisión, que utiliza a outra febra do ADN como molde para reparar roturas de febra simple, e pode realizarse por reparación por escisión de bases, por escisión de nucleótidos ou por reparación de discordancias; (3) reparación de roturas de dobre febra, que pode realizarse por unión de extremos non homólogos, unión de extremos mediada por microhomoloxía ou por recombinación homóloga, e (4) síntese translesión, que funciona durante a replicación do ADN utilizando unhas ADN polimerases especiais.
|
Sobre Galicia
|
María "Maruxa" Fandiño Ricart, nada en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1898 e finada na mesma cidade o 13 de maio de 1980, e Coralia Fandiño Ricart, nada en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1914 e finada na Coruña o 30 de xaneiro de 1983, foron unha parella de irmás coñecidas na súa cidade como As Marías, As dúas Marías ou, en menor medida, As dúas en punto, representadas dende 1994 nunha célebre escultura situada no parque da Alameda.
As dúas irmás eran uns populares personaxes da cidade polo feito de levar a cabo os seus paseos cotiás pola zona vella, durante as décadas de 1950 e 1960, vestidas e maquilladas dun xeito estrafalario. Estes paseos, que tiñan lugar ás dúas en punto do medio día (de aí un dos seus alcumes), eran todo un acontecemento polo contraste que supuñan co gris ambiente que reinaba durante o franquismo.
|
Tal día coma hoxe no ano...
|
- 1496, Leonardo da Vinci proba unha máquina voadora.
- 1521, o papa León X excomunga a Martiño Lutero (na imaxe).
- 1793, nace Lucretia Mott, abolicionista e defensora dos dereitos das mulleres.
- 1874, o xeneral Pavía entra nas Cortes e pon remate á I República Española.
- 1885, nace Anna Pavlova, bailarina rusa.
- 1892, nace J. R. R. Tolkien, escritor e filólogo británico-surafricano.
- 1925, Benito Mussolini proclama que toma poderes ditatoriais sobre Italia.
- 1951, nace Rosa Montero, xornalista española.
- 2004, a Sonda Spirit da NASA aterra satisfactoriamente na superficie de Marte.
|
|
|
Imaxe do día
|
| Parrulo entre a herba | Vexa o artigo pato |
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 122 306 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 332 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|