O monte Kilimanjaro (Kilima Njaro, que significa 'montaña brillante' en kiswahili ou Oldoinyo Oibor, 'montaña branca' en masai) localizado no norte de Tanzania, xunto á fronteira con Kenya, é o punto máis alto de África, cunha altitude de 5 895 m. Este antigo volcán, co cume cuberto de neves eternas, érguese no medio dunha planicie de sabana, ofrecendo un espectáculo único.
O complexo do Monte Kilimanjaro coas súas forestas, localizado entre 2°50'-3°20'S e 37°00'-37°35'E, xa fora considerado unha reserva de caza polo goberno colonialalemán nos principios do século XX, mais foi considerado unha reserva forestal en 1921, até que, en 1973, foi declarado Parque Nacional.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 121 850 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 341 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.