A lista de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica presenta simultaneamente para cada reino cristián peninsular a súa correspondente serie de soberanos sucesivos que alí rexeron, abranguendo o período decorrido desde a caída do reino visigodo en 711 até a actualidade.
Trala chegada musulmá no século VIII á península, mentres a España visigoda e Septimania foron tomadas polos exércitos musulmáns, en Galiza comezábase a conformación dun novo reino cristián. Posteriormente foron aparecendo novos reinos, xurdidos a partir dos núcleos cristiáns do norte peninsular. Cómpre ter en conta que estes reinos, a medida que acadaban vitorias ou conquistas, podían ir incorporando outros «reinos» musulmáns; por exemplo, o reino de Toledo ―incorporado ó de Castela―, o reino de Valencia ―incorporado ó de Aragón―, o reino do Algarve ―incorporado ó de Portugal― ou o reino de Granada.
Galiza estremeira é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias. Ligados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galiza, existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación á propia Galiza, utilizándose neste último caso a denominación de Galiza irredenta moi a miúdo ou mesmo outras denominacións como Faixa Leste.
Trátase dun territorio en forma de franxa, de aproximadamente 175 quilómetros de longo e de 15 a 30 de anchura, situada polas terras máis occidentais das actuais provincias de León e Zamora, na Comunidade autónoma de Castela e León, así como os concellos máis occidentais do Principado de Asturias, situados entre a ría de Ribadeo e o río Frexulfe (próximo ao río Navia). A pesar das diferenzas administrativas entre as diversas zonas desta longa franxa, todas teñen en común unha lingua e por tanto en boa parte unha cultura que comparten aínda hoxe coa Galiza autonómica.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 121 308 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 276 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.