Artigo destacado
|
En matemáticas, a expresión 1 − 2 + 3 − 4 + ... denota a serie de números reais cuxas sumas parciais son
- ,
para cada enteiro positivo m. Trátase dunha serie diverxente, no senso de que a sucesión das súas sumas parciais non ten límite finito. Malia isto, a mediados do século XVIII, Leonhard Euler propuxo a relación seguinte cualificándoa de paradoxal:
- ,
recoñecendo por outra banda que para que teña sentido é preciso estender o concepto de suma. Até o comezo da década de 1890, Ernesto Cesàro e Émile Borel, entre outros, crearon novos métodos para atopar sumas xeneralizadas de series que permiten sumar algunhas series diverxentes, incluíndo novas interpretacións dos intentos realizados por Leonhard Euler. Moitos destes métodos asignan a 1 − 2 + 3 − 4 + ... un valor de ¼. O método de Cesàro , un dos máis coñecidos, é dos poucos que non suma esta serie. Pola contra, o de Abel si que ofrece como resultado ¼, aínda que o propio Niels Henrik Abel consideraba as series diverxentes «un invento do diaño» porque «un pode obter a conclusión que desexe se as utiliza».
Ademais, 1 − 2 + 3 − 4 + ... é o produto de Cauchy da serie de Grandi (1 − 1 + 1 − 1 + ...) por si mesma, o que necesariamente vincula os intentos de obter a suma dunha cos da outra.
Xa na linguaxe da análise matemática moderna, a prolongación analítica da serie
a todo o plano complexo , coñecida como función eta de Dirichlet, verifica .
|
Sobre Galicia
|
Luis Suárez Miramontes, nado na Coruña o 2 de maio de 1935, é un ex futbolista e ex adestrador de fútbol galego. Alcumado "o arquitecto", xogaba de centrocampista e está considerado por moitos o mellor futbolista galego da historia e un dos mellores futbolistas do século XX. En 1960 converteuse no primeiro e único xogador nacido na Península Ibérica en gañar un Balón de Ouro.
Xogou sete anos no Barcelona, co que gañou dúas ligas, dúas Copas do Xeneralísimo, e dúas Copas de Feiras, e destacou especialmente durante a etapa na que o adestrador foi o arxentino Helenio Herrera, que lle deu preferencia por diante do ídolo da afección, Kubala, o que provocou unha división entre "kubalistas" e "suaristas". Foi nesta época cando gañou o Balón de Ouro, superando nas votacións a Puskás e Seeler.
Comezou a xogar ao fútbol no seu barrio natal de Monte Alto e na praia de Santo Amaro e en 1949 entrou a formar parte da nova canteira do Deportivo da Coruña, a chamada Escola Scopelli, creada ese mesmo ano co impulso de Alejandro Scopelli. Mediada a tempada 1953/54 debutou co primeiro equipo na Primeira División e fíxose rapidamente coa titularidade, nun equipo no que xogaban entre outros Oswaldo, Moll, Pahiño e Arsenio. As súas boas actuacións espertaron o interese do FC Barcelona, que o fichou xa antes do remate da tempada. Foi 32 veces internacional coa selección española, coa que marcou 14 goles. Disputou os Mundiais de 1962 e 1966 e capitaneou á selección na Eurocopa de 1964, onde España conseguiu o seu primeiro título despois de derrotar na final á Unión Soviética de Lev Iashin.
|
Tal día coma hoxe no ano...
|
- 1864, nace Louis Lumière, inventor do cinematógrafo xunto co seu irmán Auguste (na imaxe).
- 1889, publícase o primeiro número do semanario en galego A Monteira.
- 1910, proclámase a Primeira República Portuguesa.
- 1963, Ánxel Fole (1903 - 1986) ingresa na Real Academia Galega.
- 1983, descóbrese o asteroide 9007 James Bond.
- 2004, morre Maurice Wilkins, físico neozelandés, codescubridor da estrutura do ADN.
- 2011, morre Steve Jobs, cofundador de Apple Inc. (n. 1955).
Hoxe é o Día Mundial dos Docentes.
|
|
|
Imaxe do día
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 119 825 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 249 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|