O mergullón cincento (Podiceps grisegena) é unha ave acuática migratoria que se encontra en rexións temperadas do hemisferio norte. En Galicia é un invernante raro. O seu hábitat de invernada está en gran medida restrinxido a augas calmas oceánicas más alá da zona onde as ondas chegan á costa, aínda que algúns exemplares poden invernar en grandes lagos. Os mergullóns prefiren como sitios de reprodución corpos de augas doces pouco profundas, como lagos, pantanos ou lagoas con peixes.
O mergullón cincento é unha ave gris escura anódina en inverno. Durante a estación reprodutora, adquire a súa distintiva plumaxe co pescozo vermello, píleo negro e unha cara gris clara. Tamén realiza unha elaborada exhibición de cortexo e unha variedade de chamadas de apareamento altas. Unha vez que se emparellan, constrúen un niño feito de plantas acuáticas e situado sobre vexetación flotante nun lago ou pantano pouco profundo.
Como todos os mergullóns, o mergullón cincento é un bo nadador e un mergullador especialmente veloz que reacciona ante o perigo mergullándose antes que voando. Ten os pés situados moi atrás no corpo, preto da cola, o que fai que en terra sexa torpe. Mergúllase para capturar peixes ou insectos que están sobre a vexetación; tamén traga as súas propias plumas, posiblemente para protexer o seu sistema dixestivo. O status de conservación das súas dúas subespecies (P. g. grisegena de Europa e oesta de Asia, e a máis grande P. g. holboelii de Norteamérica e leste de Siberia) é avaliado como de "especie pouco preocupante" e a poboación global é estable ou crecente.
Os resultados foron tamén os mellores do olimpismo galego, cunha colleita de seis medallas (superando as catro de Londres 2012) e nove diplomas olímpicos. Dos 21 deportistas galegos, só catro quedaron fóra dos oito primeiros nas súas respectivas modalidades. Destacou o caso do concello de Cangas, que enviou catro deportistas aos Xogos (Rodrigo Corrales, Teresa Portela, Rodrigo Germade e Iván Villar) e os catro regresaron con medalla.
A maior participación de galegos nas olimpíadas antes de Toquio 2020 dérase tanto en Barcelona 92 como en Sydney 2000 con 17 deportistas en ambas convocatorias. En Toquio 2020 bateuse esa marca, con catro competidores máis que en Barcelona e Sydney, e con 7 máis dos que participaron nos anteriores xogos, en Río de Xaneiro 2016. Daquela foran 14 os participantes, cunha colleita de 1 medalla.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 119 389 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 267 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.