Artigo destacado
|
Os intentos de restauración de Carlos de Habsburgo foron dúas viaxes que realizou o último emperador austrohúngaro, Carlos I de Austria e IV de Hungría, a Hungría coa intención de recuperar o trono do reino. Ambos intentos resultaron infrutuosos e levaron ao exilio definitivo do antigo monarca, o afianzamento da rexencia e a abolición definitiva da dinastía Habsburgo no país.
O primeiro intento, realizado durante a Semana Santa de 1921, fracasou ante a negativa do rexente Miklós Horthy de entregar o poder a Carlos, quen se trasladou á capital húngara sen contar co apoio militar necesario para forzar a súa restauración. A hostilidade dos países veciños e da Tripla Entente, así como a falta de apoio militar suficiente, fixeron que desistise aos poucos días e regresase a Suíza.
O 21 de outubro de 1921 voou en avión de novo a Hungría onde reuniu un continxente de soldados partidarios da súa causa para marchar sobre Budapest. Esta vez logrou chegar ata as aforas da capital sen apenas incidentes, pero alí houbo de enfrontarse aos grupos armados que Horthy e os seus seguidores rapidamente lograron reunir e que lograron vencer ás súas forzas, en parte grazas á traizón do xeneral Pál Hegedüs, comandante destas, quen se confabulou con Horthy. Derrotado, o ex-emperador e a súa esposa foron entregados á Entente, que os enviou ao seu exilio final na illa portuguesa de Madeira.
|
Sobre Galicia
|
De catro a catro. Follas sin data d'un diario d'abordo é un libro de poesía de Manuel Antonio publicado en marzo de 1928 pola Editorial Nós. É a única obra que o autor publicou en vida, e está considerado a súa obra por excelencia. Son 19 poemas que reflicten unha travesía marítima, desde Intencións ata Adeus, dominada polo estatismo e a quietude, sen avance temporal nin espacial. Na paisaxe predominan os astros e o horizonte nun ambiente nocturno, negativo.
É o primeiro poemario integramente vangardista, en concreto creacionista, da literatura galega. Por mor disto, De catro a catro converteuse nun fito literario pois achega unha poética diferente daqueloutra que consagraba as formas e contidos tradicionais, marcando un antes e un despois na historia da literatura galega.
O libro consta de dezanove poemas que foron escritos nos anos 1926 e 1927 cando o rianxeiro, embarcado no pailebote Constantino Candeira, percorreu as augas do Mar Mediterráneo e presenta, polo mesmo, un fío común experiencial que se fai patente no subtítulo Follas sen data dun diario de abordo e na estrutura da obra, xa que os poemas están circunscritos a un ámbito que se abre mediante o primeiro texto, "Intencións" (en que Manuel Antonio soña co que acontecerá nas futuras singraduras), e un último, "Adeus", en que se despide do Constantino Candeira.
|
Tal día coma hoxe no ano...
|
- 1847, Liberia tórnase independente.
- 1887, publícase, en ruso o Unua Libro (Primeiro libro), no que se sentan as bases do esperanto, idioma internacional proposto por L.L. Zamenhof.
- 1908, nace Salvador Allende, presidente de Chile.
- 1947, créase a CIA, nos Estados Unidos.
- 1952, morre Eva Perón (na imaxe).
- 1956, o Exipto nacionaliza o Canal de Suez.
Hoxe é o Día dos Avós.
|
|
|
Imaxe do día
|
| "O Atlante", estatua de Paco Leiro no porto deportivo de Sanxenxo. | Vexa o artigo Paco Leiro |
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 118 215 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 273 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|