Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Artigo destacado

Distribution-myn2.png

As linguas maias forman unha familia lingüística falada en Mesoamérica e norte de Centroamérica. As linguas maias son faladas por preto de 6 millóns de indíxenas maias, principalmente en Guatemala, México, Belize e Honduras. En 1996, Guatemala recoñeceu formalmente 21 linguas maias polo seu nome, e México recoñeceu oito máis dentro do seu territorio.

A familia maia é unha das mellor documentadas e máis estudadas das linguas americanas. As linguas maias modernas descenden do protomaia, unha lingua que se pensa que foi falada hai 5 000 anos e que foi parcialmente reconstruída usando o método comparativo. A lingua protomaia diversificou en seis ramas lingüísticas diferentes: a huasteca, quicheana, a iucateca, a q’anjob’al, a mameana e a ch'ol-tzeltal.

As linguas maias forman parte da área lingüística mesoamericana, unha zona de converxencia creada a través de séculos de interacción entre os pobos de Centroamérica. Tódalas linguas maias presentan os trazos diagnósticos básicos da súa área lingüística. Por exemplo, todas empregan substantivos relacionais no canto de preposicións para indicar relacións espaciais. Tamén posúen trazos gramaticais e tipolóxicos que os diferencian doutras linguas de Centroamérica, como o uso da ergatividade no tratamento gramático dos verbos, os seus suxeitos e obxectos, categorías flexivas específicas nos verbos e unha clase gramatical especial de "posicións" que é característica das linguas maias.

Durante a era precolombiana da historia de Mesoamérica, algunhas linguas maias foron escritas na escrita hierolóxica maia. O seu uso foi particularmente estendido durante o período clásico da civilización maia (c. 250–900 AD). O corpus supervivente componse de 5 000 inscricións coñecidas en edificios, monumentos, olaría e códices, combinada coa rica literatura poscolonial maia escrita en alfabeto latino, o cal achega unha base para o entendemento moderno da historia precolombiana que non ten comparanza en toda América.

Sobre Galicia

Marcela y Elisa.jpg

Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina. A nova da súa voda difundiuse axiña por toda España e por varios países europeos. Aínda non se sabe o que aconteceu con elas trala súa fuxida á Arxentina. A súa unión matrimonial realizouse máis de cen anos antes de que a lei permitise o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, co que este feito pode considerarse un precedente do matrimonio homosexual en España.

Tal día coma hoxe no ano...

SarahBernhardt1880.jpg

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 115 034 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 343 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento