Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Artigo destacado

Blackburn Olympic 1883.jpg

O Blackburn Olympic F.C. foi un equipo de fútbol inglés de finais do século XIX co sede na cidade de Blackburn, en Lancashire. A pesar de que o club existiu só unha década, é moi importante na historia do fútbol en Inglaterra, xa que foi o primeiro equipo do norte do país e o primeiro da clase traballadora que gañou a principal competición futbolística da nación, a Football Association Challenge Cup (coñecida xeralmente como FA Cup). A copa só fora gañada por equipos afeccionados adiñeirados dos Home counties, e a vitoria do Olympic marcou un punto decisivo na transición do deporte, dende un pasatempo dos homes de clase alta a un deporte profesional.

O club fundouse en 1878 e nos seus inicios só participou en torneos locais menores. En 1880 ingresou por primeira vez na FA Cup e tres anos máis tarde venceu o Old Etonians F.C. en Kennington Oval, gañando o trofeo. Esta vitoria foi un factor importante na decisión tomada polo consello de administración deportivo, a Football Association, para permitir o profesionalismo. Con todo, o Olympic foi incapaz de competir cos equipos máis ricos e de mellor soporte económico da era profesional e desapareceu en 1889.

Moitos dos partidos que o Olympic xogou como local disputáronse no Hole-i'-th-Wall Stadium, que lle debe o seu nome a un pub próximo. A partir de 1880, a primeira equipación do Olympic consistiu nunha camisola celeste e pantalóns brancos. Un xogador do club, James Ward, foi convocado pola selección inglesa e outros seis xogadores internacionais xogaron para o club.

Sobre Galicia

IvanRanha.jpg

Iván Raña Fuentes, nado o 10 de xuño de 1979 en Ordes, é un deportista galego.

Ten competido principalmente en tríatlon, deporte no que gañou dous diplomas olímpicos (en 2000 e 2008), foi campión do mundo (en 2002) e dúas veces subcampión (en 2003 e 2004), subcampión da Copa do Mundo (en 2002), dúas veces campión de Europa (en 2002 e 2003) e outra subcampión (en 2001), catro veces campión de España (2001, 2002, 2004 e 2007) e outras catro subcampión (2003, 2006, 2008 e 2012). Dende 2012 compite en Ironman, onde logrou varias vitorias e conseguiu completar en seis ocasións consecutivas o esixente Mundial de Kona, cunha sexta posición como mellor resultado (en 2013).

Ademais foi campión do mundo de ácuatlon (2001), dúas veces campión de España de dúatlon (en 1998 e 2002), foi ciclista profesional nas filas do Xacobeo Galicia e dende 2007 compite en rallys, principalmente no Campionato de Galicia.

Tal día como hoxe no ano...

LopedeVega.jpg

Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller e o Día da Independencia en Suriname (1975)


Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 111 827 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 252 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento