Os elementos do grupo 12 segundo a numeración recomendada pola IUPAC, son un grupo de elementos químicos da táboa periódica que inclúe o cinc (Zn), o cadmio (Cd) e mailo mercurio (Hg). Varios experimentos sobre átomos individuais de copernicio (Cn) apoian a inclusión deste elemento tamén no grupo 12. Segundo o sistema de numeración antigo, tanto da IUPAC coma do CAS, este grupo coñecíase como IIB.
Tanto o cinc coma o cadmio e o mercurio están presentes na natureza e teñen aplicacións moi variadas nos eidos da electricidade e a electrónica, así como para a formación de aliaxes. Os dous primeiros, metais sólidos en condicións normais, teñen propiedades moi semellantes. O mercurio, pola súa banda, é o único metal líquido a temperatura ambiente. O cinc ten unha grande importancia na bioquímica dos seres vivos, pero o cadmio e o mercurio son altamente tóxicos. Canto ao copernicio, dado que non existe de xeito natural, debe sintetizarse no laboratorio.
A historia da comunidade xudía de Monforte de Lemos remóntase canto menos ao século X e prolongouse ata 1492, cando o Decreto da Alhambra decretou a súa expulsión dos territorios das coroas de Castela e Aragón. A comunidade xudía da capital do val de Lemos foi unha das máis numerosas do Reino de Galiza, sendo entre os séculos XVI e XVIII unha das poboacións galegas con maior número de conversos procesados por prácticas xudaizantes. O gran tamaño desta comunidade na cidade fixo que mesmo se denominara "xudeus" ou "xudeus con rabo" a todos os seus habitantes.
Se ben a cidade non conserva moitos restos arquitectónicos xudeus, si que a presenza hebrea é intensa nos seus costumes e tradicións. A pesar da escaseza de fontes documentais da presenza xudía en Galiza, existen numerosas referencias documentais que certifican a presenta xudía, e a presenza de xudeus conversos logo da expulsión, así como referencias a que foron os xudeus de Monforte os que poboaron a vila de Ares, sendo alí chamados bichos. Posiblemente o achado máis importante relacionado co pobo xudeu na capital da Terra de Lemos sexa a lápida sepulcral hebrea adicada a Juan de Gaibor e ao seu fillo Jorge, pertencentes a unha das familias hebreas máis destacadas da cidade e moi ligada á historia local, os Gaibor, e que se encontra no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense dende a súa cesión en 1892 por parte do avogado afincado na cidade Rodrigo Goicoechea.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 110 549 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 270 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.