O xogo céntrase nas aventuras dos fontaneiros Mario e Luigi que tratan de salvar a Princesa Toadstool e os gobernantes de sete reinos distintos, secuestrados polo antagonista Bowser e os seus fillos, os Koopalings. O xogador controla a Mario ou Luigi, derrotando os inimigos que vai atopando saltando enriba deles ou empregando obxectos que lle outorgan poderes máxicos. Nesta edición Mario e Luigi teñen unha serie de habilidades máis grande que nos xogos previos da serie, incluíndo a capacidade de voar ou deslizarse por ramplas. A maiores, Super Mario Bros. 3 introduce outros novos elementos na serie, como novos personaxes inimigos e o uso dun mapa xeral como método de transición entre niveis, que reapareceron e serviron de influencia nas seguintes entregas da serie.
O cáliz é a figura heráldica que máis tempo vén representando a Galicia. Aparece documentado por vez primeira como armas do «rey de Galyce» no armorialSegar's Roll de Inglaterra do ano c. 1282. Foron unhas armas falantes cuxa atribución se debeu á proximidade fonética existente na lingua anglonormanda entre «Galice» e «calice». Trala súa posterior difusión a través dos armoriais, acabaron sendo adoptadas no propio reino de Galicia. Continuamente foron evolucionando a través dos séculos: a figura mudou desde o orixinario cáliz aberto até a súa representación sumada da hostia, pasando polo copón ou píxide, a custodia e aínda o viril; o orixinal campo azul diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal escudo co campo liso sen ningún engadido pasou a conter enfeites diversos como anxos ou a cruz de Santiago, mais sobre todo un número variable de, primeiro, trevos e, despois, cruces, normalmente entre unha, seis ou sete, ou co campo sementado.
A estandarización gráfica moderna das Armas ou Escudo de Galicia foi establecida no ano 1972 pola Real Academia Galega. Cómpre pór de relevo, ademais, que o actual cáliz do escudo é unha representación do cáliz do Cebreiro.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 109 604 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 253 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.