Segundo o tratado, Italia recibiría as zonas habitadas por italianos no Imperio austrohúngaro, gran parte da costa dálmata e o resto dos territorios balcánicos do Imperio austrohúngaro repartiríanse entre tres estados independentes: o Reino de Serbia, o Reino de Montenegro e Croacia. A cambio, Italia comprometíase a abandonar a Tripla Alianza, que a unía aos imperios alemán e austrohúngaro e entrar na guerra ao lado da Entente. O cambio de bando acordouse xa a comezos de setembro de 1914 nun convenio secreto asinado en Londres. A entrada na guerra debía producirse en menos dun mes desde a firma do tratado e a declaración de guerra italiana anunciouse o 23 de maio.
A aplicación do tratado quedou moi condicionada pola disolución do Imperio austrohúngaro e o xurdimento de novas nacións, especialmente Iugoslavia, que non estaban dispostas a aceptar as concesións prometidas a Italia pola Entente, e pola entrada na guerra dos Estados Unidos, que definiron novos obxectivos bélicos e negáronse a admitir a entrega de territorios de maioría eslava a Italia. Italia obtivo só unha parte dos territorios prometidos a través dunha serie de acordos rubricados a inicios da década de 1920. Por outra banda, o réxime fascista italiano sinalou que o país fora enganado e non lograra os territorios que lle correspondían polas maquinacións dos seus aliados.
O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.
Estreouse na sección "Un Certain Regard" do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde gañou o premio do Xurado, sendo a terceira vez que un filme de Laxe participa no concurso do certame francés e a primeira que un filme en galego é proxectado na sección oficial. É o filme en galego con maior recadación e o máis visto da historia, con máis de 87.990 espectadores nos cinemas logo da súa estrea, e máis de 477.624,79 € recadados, superando a Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (1989).
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 106 343 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 281 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.