Euro
Euro | |
---|---|
Código: | EUR |
Ámbito: | Eurozona: Alemaña Austria Bélxica Chipre Eslovaquia Eslovenia España Estonia Finlandia Francia Grecia Irlanda Italia Letonia Lituania Malta Luxemburgo Países Baixos Portugal Outros estados: Andorra Cidade do Vaticano Mónaco San Marino Sen carácter oficial: Kosovo Montenegro |
Símbolo: | € |
Fracción: | 100 céntimos |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos, 1 e 2 euros |
Billetes: | 5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 euros |
Emisor: | Banco Central Europeo |
Taxa de troco: | 1 USD = 0,73 EUR |
O euro (EUR ou €) ( pronunciación (axuda · info)) é a moeda empregada na eurozona e algúns outros países fóra da Unión Europea. O euro aspira a converterse na moeda oficial de toda a Unión Europea. A introdución do euro en lugar das divisas estatais foi a reforma monetaria máis importante en Europa na época moderna.
O euro é administrado polo Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), composto polo Banco Central Europeo (BCE) e os bancos nacionais dos países membros da euro-zona. O Banco Central, situado en Frankfurt, Alemaña, é o único con autoridade para desenvolver a política monetaria.
Historia[editar | editar a fonte]
O acordo polo euro e as condicións de adhesión establecéronse en 1992. O ECU, Unidade Monetaria Europea (European Currency Unit) é o predecesor do euro. O euro foi introducido oficialmente o 1 de xaneiro de 1999, cando deixaron de existir as moedas dos países que se acolleron ao plano da moeda única, a denominada eurozona. Non obstante, debido ao período de fabricación requirido para os novos billetes e moedas, as antigas moedas nacionais, a pesar de perderen a cotización oficial no mercado de divisas, permaneceron como medio de pago até o 1 de xaneiro de 2002, cando foron substituídas por billetes e moedas en euros. Tanto as moedas como os billetes tiveron un período de coexistencia coas outras moedas nacionais até que foron retiradas da circulación. Este período de coexistencia tivo diferentes calendarios nos países que adoptaron o euro. Posteriormente incorporáronse Grecia o 1 de xaneiro de 2001, Eslovenia o 1 de xaneiro de 2007, Malta e Chipre estes dous últimos o 1 e xaneiro de 2008. Eslovaquia incorporouse o 1 de xaneiro de 2009, Letonia en xaneiro 2014 e Lituania fíxoo no 2015.
Dinamarca, o Reino Unido e Suecia non adoptaron a moeda única. Dinamarca rexeitou o euro nun referendo levado a cabo o 28 de setembro de 2000, cunha participación do 86% e onde o 53,1 por cen dos votantes manifestáronse contra a adopción do euro. O referendo sueco do 14 de setembro de 2003, días despois do asasinato da ministra Anna Lindh, impulsora da adopción do euro, resultou un pouco máis do 56% do electorado votando en contra. A cuestión fica así posposta ao menos cinco anos, transcorridos os cales poderase repetir o referendo.
Eurozona[editar | editar a fonte]
A eurozona ou zona euro son os países da Unión Europea que adoptaron o euro como moeda única, mais outros países de fóra da Unión Europea tamén o empregan. Os países da eurozona son:
Unión Europea[editar | editar a fonte]
- Alemaña
- Austria
- Bélxica
- Chipre
- Eslovaquia
- Eslovenia
- España
- Estonia[1]
- Finlandia
- Francia
- Grecia
- Irlanda
- Italia
- Letonia
- Lituania[2]
- Luxemburgo
- Malta
- Países Baixos
- Portugal
Europa (non pertencentes á Unión Europea)[editar | editar a fonte]
Mónaco, San Marino e Cidade do Vaticano teñen os seus euros propios coa súa cara nacional. Montenegro e Kosovo (da antiga Iugoslavia), empregaban como moeda o marco alemán, non subscribiron os arranxos legais coa Unión Europea.
Futuras adopcións[editar | editar a fonte]
As datas previstas son as seguintes:
- Polonia: non antes de 2016.
- Romanía: non antes de 2016.
- Bulgaria: non antes de 2016.
- Chequia: non antes de 2017.
- Hungría: non antes de 2020.
- Suecia: sen data, pero debe adoptar o euro.
- Dinamarca: ten unha cláusula de exclusión e por agora non adoptará o euro.
- Reino Unido: ten unha cláusula de exclusión e por agora non adoptará o euro.
Despois é a evolución económica de cada país a que vai marcando o ritmo real de adaptación.
Símbolo[editar | editar a fonte]
O símbolo do euro (€) inspírase na letra épsilon (ε) do alfabeto grego. Escolleuse este símbolo como referencia á inicial de Europa, E.
Billetes e moedas[editar | editar a fonte]
O euro conta con moedas e billetes.
Véxase a Galería de imaxes do euro para observar as diferenzas entre as moedas dos diferentes países
Moedas de euro[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Moedas de euro.
As moedas de euro teñen un lado común para todos os membros da eurozona e outro distinto para cada país da eurozona. O deseño da cara común das moedas é obra de Luc Luycx, da Real Casa da Moeda de Bélxica.[3] Lista das moedas de euro:
- 1 céntimo de euro
- 2 céntimos de euro
- 5 céntimos de euro
- 10 céntimos de euro
- 20 céntimos de euro
- 50 céntimos de euro
- 1 euro
- 2 euros
Billetes de euro[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Billetes de euro.
Os billetes de euro son idénticos para todos os países da eurozona. O deseño dos billetes da primeira serie (2002) é de Robert Kalina, do Banco Central de Austria; en 2913 produciuse un redeseño a cargo de Reinhold Gerstetter.[4][5] Lista dos billetes de euro:
Equivalencias[editar | editar a fonte]
Equivalencias Euro/Antigas moedas nacionais
1 Euro (€) | Antiga moeda |
---|---|
13,7603 | xilins austríacos (ATS) |
40,3399 | francos belgas (BEF) |
0,5848 | libras chipriotas (CYP) |
1,95583 | marcos alemáns (DEM) |
166,386 | pesetas españolas (ESP) |
5,94573 | marcos fineses (FIM) |
6,55957 | francos franceses (FRF) |
340,750 | dracmas gregos (GRD) |
0,787564 | libras irlandesas (IEP) |
1936,27 | liras italianas (ITL) |
40,3399 | francos luxemburgueses (LUF) |
0,42735 | liras maltesas (MTL) |
2,20371 | floríns holandeses (NLG) |
200,482 | escudos portugueses (PTE) |
239,640 | tólares eslovenos (SIT) |
30,1260 | coroas eslovacas (SKK) |
15,6466 | coroas estonianas (EEK) |
0,702804 | lats letonias (LVL) |
3,4528 | Litas lituana (LTL) |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Estonia entra en el euro, mientras otros se muestran reticentes". Público (en castelán).
- ↑ "Lituania abandornará el 1 de enero la litas por el euro". Euronews. Consultado o 31 de decembro de 2014.
- ↑ "Euro Designer Luc Luycx". Fleur-de-coin.com.
- ↑ "Robert Kalina – Schöpfer der Euro Banknoten". En www.geldschein.at.
- ↑ "Reinhold Gerstetter – Designer der zweiten Euro Serie (Europa-Serie)". En www.geldschein.at.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Euro |