Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Artigo destacado

Laesoe Saltsyderi 2011 ubt-3.JPG

O sal común é un mineral composto principalmente por cloruro de sodio (NaCl), un composto químico encadrado dentro das sales químicas. Na súa forma natural é un mineral cristalino e coñécese co nome de halita. O sal atópase en grandes cantidades na auga mariña, sendo o mineral principal constituínte da mesma, facendo que estes posúan unha media de salinidade dun 3,5%. O sal é un composto esencial para a vida en xeral, e o salgado é un dos sabores básicos dos humanos. Os tecidos dos animais conteñen maiores cantidades de sal que os das plantas. O sal é tamén un dos condimentos alimenticios máis antigos e comúns, e o salgado é un método historicamente moi importante para a preservación da comida.

Algunhas das primeiras evidencias do procesamento do sal que se coñecen datan de hai uns 8 000 anos, cando os humanos que vivían nunha zona da actual Romanía fervían augas de mananciais para extraer as sales da mesma, e o comezo da extracción de sal na China data de aproximadamente o mesmo período.

O sal extráese de minas de sal ou por medio da evaporación de auga mariña. Os principais produtos industriais derivados son a sosa cáustica e as aplicacións de cloro, utilizándose tamén en moitos procesos industriais que inclúen a manufactura de cloruro de polivinilo, plásticos, celulosa e outros produtos.

Sobre Galicia

HidradeCambre.jpg

A hidria de Xerusalén é unha pía de pedra de case un metro de altura conservada na igrexa de Santa María de Cambre. Considerada pola tradición como un dos seis recipientes nos que Xesús de Nazaret transformou a auga en viño nas vodas de Caná, a peza áchase moi deteriorada debido ao costume popular de raspar a pedra para elaborar remedios cos que tratar diversas doenzas. Fixo parte da exposición Gallaecia Petrea do ano 2012.

A pía bautismal da igrexa de Cambre non é a única escultura que foi considerada ao longo dos séculos como unha das "hidrias de Caná". Na actualidade existen en Europa máis dunha trintena deste vasos, todos aparecidos entre os séculos X e XVI. A primeira referencia documental conservada da hidria de Cambre data do ano 1519, nun preito pola xurisdición eclesiástica da igrexa de Santa María de Cambre. Nese mesmo século dous estudosos, o Licenciado Molina e Ambrosio de Morales, deron tamén noticia da reliquia nas súas obras sobre o "reyno de Galicia".

Tal día como hoxe no ano...

Andy Warhol 1977.jpg

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 105 001 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 279 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento