Algunhas das primeiras evidencias do procesamento do sal que se coñecen datan de hai uns 8 000 anos, cando os humanos que vivían nunha zona da actual Romanía fervían augas de mananciais para extraer as sales da mesma, e o comezo da extracción de sal na China data de aproximadamente o mesmo período.
A hidria de Xerusalén é unha pía de pedra de case un metro de altura conservada na igrexa de Santa María de Cambre. Considerada pola tradición como un dos seis recipientes nos que Xesús de Nazaret transformou a auga en viño nas vodas de Caná, a peza áchase moi deteriorada debido ao costume popular de raspar a pedra para elaborar remedios cos que tratar diversas doenzas. Fixo parte da exposición Gallaecia Petrea do ano 2012.
A pía bautismal da igrexa de Cambre non é a única escultura que foi considerada ao longo dos séculos como unha das "hidrias de Caná". Na actualidade existen en Europa máis dunha trintena deste vasos, todos aparecidos entre os séculos X e XVI. A primeira referencia documental conservada da hidria de Cambre data do ano 1519, nun preito pola xurisdición eclesiástica da igrexa de Santa María de Cambre. Nese mesmo século dous estudosos, o Licenciado Molina e Ambrosio de Morales, deron tamén noticia da reliquia nas súas obras sobre o "reyno de Galicia".
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 104 630 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 269 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.