Idaho
| |||||
Lema: Esto perpetua (do latín: Que sexa perpetuo) | |||||
Outros Estados dos EUA | |||||
Datos xerais | |||||
---|---|---|---|---|---|
Capital | Boise | ||||
Maior cidade | Boise | ||||
Gobernador | Butch Otter | ||||
Lingua oficial: | inglés | ||||
Área | 216.632 km² (14) | ||||
- Terra | 214.499 km² | ||||
- Auga | 2.133 km² (0,98%) | ||||
Poboación (2007) | |||||
- Poboación | 1 499 402 (39) | ||||
- Densidade | 6,9 /km² (44) | ||||
Entrada na Unión | |||||
- Data | 3 de xullo de 1890 | ||||
- Orde | 43º | ||||
Xeografía | |||||
Fuso horario | Pacífico: UTC-8/-7 | ||||
Latitude | 42° N a 49° N | ||||
Lonxitude | 111° W a 117° W | ||||
Largo N-S | 771 km | ||||
Ancho E-O | 491 km | ||||
Altitude | |||||
- Altitude media | 1.524 m | ||||
- Máis elevado | 3.859 m | ||||
- Menos elevado | 216 m | ||||
Códigos e abreviacións | |||||
- USPS | ID | ||||
- ISO 3166-2 | US-ID | ||||
Sitio web | |||||
http://www.idaho.gov// |
Idaho é un estado localizado no noroeste dos Estados Unidos, con capital en Boise. Ten unha superficie de 216.632 km² e, de acordo co United States Census Bureau, tiña o 2007 unha poboación de 1 499 402 habitantes. É o 43º estados dos Estados Unidos, admitido o 3 de xullo de 1890, aínda que en 1863 xa fora creado o Territorio de Idaho.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Idaho fai fronteira con seis estados e cunha provincia do Canadá. Ó oeste están os estados de Washington e Oregon, Nevada e Utah están ó sur, e Montana e Wyoming ó este. Idaho tamén fai fronteira coa provincia de Columbia Británica ó norte. A paisaxe é ondulada con algunhas das mellores preservadas áreas naturais dos Estados Unidos. O estado sitúase xunto ás Montañas Rochosas, con abundancia de recursos naturais e paisaxes. Hai montañas cubertas de neve, ríos rápidos, vastos lagos e profundos canóns. As augas do río Snake atravesan o Hells Canyon, o máis profundo canón dos Estados Unidos. As fervenzas de Shoshone Falls ten unha altura superior á do Niágara.
Os ríos principais do estado son o Snake River, o Clark Fork-Pend Oreille, o Clearwater e o Salmon River. O porto de Lewiston, na confluencia dos ríos Clearwater e Snake é o porto máis distante do Océano Pacífico no noroeste dos Estados Unidos.
A montaña máis alta do estado é o Pico de Borah, con 3.859 metros de altitude, ó norte da cidade de Mackay. O punto máis baixo (227 metros) está en Lewiston, onde o río Clearwater encontra o río Snake e continúa no estado de Washington.
Clima[editar | editar a fonte]
Idaho ten moita variación no seu clima. A pesar de situarse a fronteira occidental do estado a unha distancia de 480 km do Océano Pacífico, a influencia marítima aínda é sentida no estado, especialmente no inverno, cando a cobertura de nubes, a humidade e a precipitación atinxen o seu punto máximo. Esta influencia ten un efecto moderado no inverno, cando as temperaturas non son tan baixas como sería esperado nun estado tan ó norte e co altitude tan elevadas. A influencia marítima é menos intensa ó sur, onde os patróns de precipitacións son en xeral invertidos, con veráns chuviosos e invernos secos, e as diferenzas de temperatura estacionais son menos acentuadas, indicando un clima continental.
O clima en Idaho pode ser quente, a pesar de que os períodos con temperaturas superiores ós 37º C de máxima son raros. Os días máis quentes son temperados pola relativamente baixa humidade e noites frías durante o verán, pois para a maior parte do estado as diferenzas entre as temperaturas diúrnas e nocturnas son maiores no verán. Os invernos poden ser moi fríos, pero extensos períodos de temperaturas baixo cero tamén son raros.
Economía[editar | editar a fonte]
O produto interno bruto do estado o 2004 foi de 43,6 mil millóns de dólares americanos. A renda per capita nese ano foi de 26.881,00 dólares.
É un importante estado agrícola, producindo o terzo das patacas que crecen nos Estados Unidos.
Importantes industrias en Idaho son o procesamento de alimentos, madeira e derivados, máquinas, produtos químicos, produtos de papel, electrónicos, prata e outras minerías, e turismo. O Laboratorio Nacional de Idaho (INL), un laboratorio gobernamental para investigación en enerxía nuclear tamén ten un importante papel na economía do estado. Hai tamén 3 fábricas de cervexa da empresa Anheuser-Busch, que fornecen o malte a outras cervexarías do país.
Hoxe, a principal industria en Idaho é o sector de ciencia e tecnoloxía. Representa máis de 25% da renda total do estado, e máis de 70% das exportacións, en dólares. A economía industrial do Idaho vén crecendo, e os produtos de alta tecnoloxía lideran este crecemento. Desde o fin dos anos 1970, a cidade de Boise emerxeu como un centro de manufactura de semicondutores. A cidade é sede da Micron Technology Inc., a única manufactura estadounidense de chips DRAM. A Hewlett-Packard opera unha planta industrial en Boise, suroeste de Idaho, dende os anos 1970, que produce impresoras láser. [1]. A empresa Dell opera unha unidade de orientación por teléfono ós consumidores en Twin Falls. Outra importante compañía de tecnoloxía no estado é a AMI Semicondutor, cuxa sede fica na cidade de Pocatello. Finalmente, a Coldwater Creek, grande empresa de comercio de roupa para muller, ten a súa sede en Sandpoint.
O imposto sobre o comercio é de 6%, e aplicase ao comercio, aluguer ou financiamento de bens tanxíbeis e algúns servizos. Os alimentos son taxados, pero os medicamentos non. As acomodacións en hoteis, moteis e cámpings son taxados a unha porcentaxe máis alta (7% a 11%).