Tipo de gravame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O tipo de gravame, tipo impositivo ou alícuota tributaria é a taxa, fixa ou variábel e expresada en forma de coeficiente ou porcentaxe, que, aplicada á base impoñíbel, dá como resultado a cota tributaria.[1]

O tipo medio de gravame é o resultado de dividir a cota tributaria pola base impoñíbel, e expresa a carga tributaria para ese suposto. O tipo marxinal, pola súa parte, é o tipo máis elevado duna tarifa ou o que se aplica a un contribuínte, fabándose neste último caso de tipo marxinal persoal.

Un imposto considérase proporcional se o seu tipo medio é constante e, polo tanto, sempre igual ao tipo marxinal; progresivo se o tipo medio aumenta ao facelo a base impoñíbel; e regresivo, se diminúe eo tipo medio ao incrementarse a base impoñíbel.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tipo de gravamen" en Diccionario Fiscal Arquivado 30 de novembro de 2007 en Wayback Machine., en irpf.net