Destacado

Primeira reunión do equipo de tradución WordPress Galicia. Únete a nos.

Pontevedra WordCamp rematou, dous días de formación e comunidade, noraboa a organización, patrocinadores e voluntarios. Aproveitando a Mesa de Traducións do Contributor Day, da primeira WordCamp de Galicia, fixemos a primeira reunión de tradución de WordPress o galego, Que mellor momento que este!!

O rematar fixemos foto de grupo, non estamos todos, alguns tiveron que sair un pouco antes. (Prometemos tentar facela antes, na próxima reunión)

Primeira reunión do equipo de tradución WordPress Galicia. Únete a nos.

Nesta primeira reunion,asistiron: Carlos Macías, Carlos Longarela, Daniel Ledo, Lhosca Arias, Manuel Lois, María Fosado, María Sierra, Antón Méixome, María Saez, Óscar Aguado, Óscar Abad, Antonio Sangiao, Pilar Mera e eu mesmo, que xa me olvidaba, (Víctor Quesada).

Agradecer a organización do WordCamp Pontevedra a sua colaboración e a todos os que se acercaron a mesa para contribuir de forma totalmente voluntaria para garantir que esta plataforma e o maior número dos seus plugins e temas esté dispoñible para todos en galego.

Coa tua axuda, aspiramos a crear un equipo ainda maior, para axudar a crecer e mellorar, a biblioteca de recursos en galego para WordPress.

Como coordinador xeral da tradución o galego, agradecer a todos, a participación, enerxía e  entusiasmo amosados, e invitarvos a manternos en contacto para continuar avanzando nesta labor.

Algunha vez viches un  plugin en inglés ou español, e gustaríache telo en galego?

Se queres contactar con alguén da comunidade e participar activamente na tradución ao galego? ou avisar dalgunha tradución? Únete ao noso Slack seguindo estas indicacions, ou usa o noso formulario de contacto. E empezarás a formar parte do presente e futuro de WordPress.

Destacado

Cómo unirse ao Slack de WordPress Galicia

A comunidade de  WordPress en España usa  Slack para toda a comunicación interna. Grazas a esta ferramenta, os equipos de Traducións,  Core, Meetups ou WordCamps pódense coordinar dunha maneira áxil e colaborativa. Aproveitando a súa experiencia e  xenerosidade , durante a WordCamp Pontevedra ( A primeira #WordCamp en Galicia!) creamos unha canle para coordinar a tradución ao galego de WordPress.

O acceso é libre e de balde; para iso seguiremos os seguintes pasos (tal e como nos explican en WordPress España):

  1. Ter unha conta nos foros de soporte de  WordPress.org. Se non a tes pódela rexistrar aquí.
  2. Ao ter unha conta de  WordPress.org, automáticamente teras un enderezo electrónico do estilo usuario@chat.wordpress.org no teu perfil.
  3. Rexistra a conta en  Slack a través desta ligazón introducindo o teu nome de usuario de  WordPress.org.
  4. Inicia sesión en  wpes.slack.com e instala as apps en todos os teus dispositivos.
  5. Vémonos no Slack!

Lembra: O  SLACK NON É PARA SOPORTE, todo o relacionado con soporte realízase nos foros da comunidade (en español, polo momento non temos soporte en galego)

WordPress 5.2 “Jaco”

A versión 5.2 de WordPress, chamada “Jaco” en honor ao renombrado e revolucionario baixista de jazz Jaco Pastorius, está dispoñible para descargar ou actualizar no seu panel de WordPress. As novas funcións desta actualización fan que sexa máis fácil que nunca arranxar o seu sitio se algo vai mal.

Existen ferramentas aínda máis robustas para identificar e corrixir problemas de configuración e erros fatais. Se vostede é un desenvolvedor que axuda a clientes ou que xestiona o seu sitio so, estas ferramentas poden axudar a obter a información correcta cando o necesite.

Se está executando unha versión antiga de PHP (menos de 5.6.20), actualice o seu PHP antes de instalalo WordPress 5.2.

WordPress 5.1.1, actualización de seguridade e mantemento

Xa está dispoñible WordPress 5.1.1! Esta actualización de seguridade e mantemento introduce 10 correccións e melloras, incluíndo cambios deseñados para axudar aos servidores para preparar aos usuarios para o salto á versión mínima de PHP que chegará na versión 5.2. Esta versión tamén inclúe un par de correccións de seguridade que se ocupan de como se filtran os comentarios e logo almacénanse na base de datos. Cun comentario malintencionado, unha entrada de WordPress era vulnerable aos scripts entre sitios. As versións 5.1 e anteriores de WordPress están afectadas por estes erros, que se corrixiron na versión 5.1.1. As versións actualizadas de WordPress 5.0 e anteriores tamén están dispoñibles para calquera usuario que aínda non actualizase á versión 5.1.

WordPress 4.9.8 en galego

actualiza á última versión! WordPress 4.9.8 fai un fluxo de traballo máis fluído para os teus deseños e mantenche a salvo de erros de código.

A versión 4.9.8 corrixiu 46 bugs.Para máis información, consulta as notas sobre esta actualización.

Grandes melloras no personalizador, revisión de erros de código e moito máis!

Descarga WordPress 4.9.8 ou pasa polo Escritorio → Actualizacións e fai clic en “Actualizar agora.” Os sitios compatibles con actualizacións automáticas de fondo xa se están a actualizar automaticamente.

PONTEWORDCAMP 22-23 SETEMBRO 2018

O 22 e 23 de setembro celébrase a @ PonteWordCamp, a primeira WordCamp en Galicia!.
Ata este venres podedes enviar as vosas propostas de relatorio.
Vai falar moito de eCommerce, pero tamén queremos Gutenberg, desenvolvemento, negocio…
Que non se vos pase!

Web | Ponentes | Voluntarios | Patrocinadores | Programa | Tickets